Archive for Decembro, 2009

RESPECTO E PROTECCIÓN PARA NÓS

15th Decembro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en RESPECTO E PROTECCIÓN PARA NÓS

Aínda que o que mola é transgredir, ir contra as normas, inventarse outras, etc., témome que, en todo o que se refire á nosa lingua, o que temos que pedir é que se cumpra a lei, que as cousas non muden e que, en definitiva, se fagan as cousas como mandan os códigos. Hai un […]

Por unha verdadeira rede humana: pacto de responsabilidade social

13th Decembro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en Por unha verdadeira rede humana: pacto de responsabilidade social

A través dun bo amigo internauta, recibo un convite para adherirme a este manifesto. Despois de telo lido con grande atención, só podo dicir que todo o que aquí se mantén, paréceme de absoluta xustiza. Por unha verdadeira rede humana: pacto de responsabilidade social Porque na era da globalización quen temos acceso á Rede só […]

A BOA EDUCACIÓN (PLEASE, DON’T DISTURB)

11th Decembro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en A BOA EDUCACIÓN (PLEASE, DON’T DISTURB)

Hoxe, no medio da unanimidade xeral arredor de Barack Obama, que recibiu onte o Premio Nobel da Paz, eu publiquei, na versión en papel de A Nosa Terra o artigo que vai deseguido. Non é por tocar o carafio. E que eu vexo así as cousas. É un pouco longo pois ocupou unha páxina enteira. […]

HAI 29 ANOS

10th Decembro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en HAI 29 ANOS

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/6GAHFrLAxzM” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Tal día coma hoxe, pero de hai 29 anos, morría asasinado John Lennon. Eu tiña 14 anos, e lembro perfectamente como foi todo. Por algunha razón, eu estaba na casa, durmindo. Probablemente, estabamos de folga os estudantes, ou os profesores. En calquera caso, lembro que, moi cedo, chamaron á […]

¿QUE PERSONAXE LEVARÍAS A UNHA ILLA DESERTA?

9th Decembro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿QUE PERSONAXE LEVARÍAS A UNHA ILLA DESERTA?

Xa que vai tan ben a pregunta que onte vos fixen, e na que vos animo a seguir participando, tomo carreira e cuestiono de novo. Do que se trata agora é de saber -pregunta de náufrago- que personaxe levarías a unha illa deserta. Pode ser alguén coñecido (Robinson, por seguir co gremio), ou un arquetipo […]

CONFESA: ¿POR QUE OPTACHES POLO GALEGO?

8th Decembro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en CONFESA: ¿POR QUE OPTACHES POLO GALEGO?

Dende hoxe propóñovos que vos confesedes. A pregunta é sinxela: ¿por que optaches polo galego? Dado que hai tantos esforzándose por aí para argumentar que o galego non vale para nada, que aprender a nosa lingua é inútil, ou incluso cousas peores, pode ser interesante que os que a temos como lingua principal e vehicular […]

AGORA TOCA LOITAR

6th Decembro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en AGORA TOCA LOITAR

Agora toca loitar. Suprimiron, de novo e desta vez semella que para sempre, Libro Aberto. Agora toca loitar. Suprimiron Miraxes. Agora, diante desta premeditada e ben orquestada estratexia de silenciamento de todo o que cheire a cultura, toca loitar. Si, loitar. Se cadra, tomar as rúas coa nosa palabra, recitar por todas partes, falar con […]

VÍCTOR JARA, AMANDA, MANUEL.

5th Decembro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en VÍCTOR JARA, AMANDA, MANUEL.

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/VQJhk6e0I9g” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Hoxe foi oficialmente soterrado Víctor Jara. Ao pouco do seu asasinato fórao, clandestinamente, pola súa dona e dous amigos. Hoxe, co recoñecemento do país, trinta e seis anos despois, milleiros de persoas acompañaron os seus restos para unha despedida digna da súa grandeza. A historia é coñecida pero hai […]

HAI QUE DESALOXAR GALICIA

4th Decembro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en HAI QUE DESALOXAR GALICIA

Así titulei o meu artigo de hoxe en A Nosa Terra dixital. Podédelo ler aquí.

A CULPA É DA REALIDADE

3rd Decembro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en A CULPA É DA REALIDADE

Alucíname a maneira en que os responsables políticos se expresan, como se as cousas que pasan nada tiveran que ver con eles. Esta mesma mañá, mentres cruzaba Vigo cos auriculares postos, como cada mañá que non chove, na radio un falaba do comportamento do paro, como se o paro fose unha cousa viva, con existencia […]