A MIÑA POSTAL DE NADAL

Posted by franciscocastro - 30/12/09 at 10:12 p.m.

tarxeta postal 3

Os amigos de Galix, sempre tan traballadores, sorprendéronme hai un par de semanas enviándome un paquete enorme cheo de postais con palabras tiradas de libros de queridos e queridas compañeiras da literatura infantil e xuvenil galega. A sorpresa foi que escolleran unhas frases do final do meu O ceo dos afogados, que deixo aquí, á beira das doutros compañeiros, como fe profunda no que creo na vida, e desexo grande para todos e para todas para o ano que vén:

A  vida consiste niso.

No fundamental,

consiste niso.

En ir acompañando

da man

aos que queremos

Os comentarios están pechados.