QUE FOMENTEN A DOBRAXE GALEGA

Posted by franciscocastro - 29/12/09 at 10:12 p.m.

dobraxe

Hoxe hai unha morea de artigos nos xornais en plan que lle pido ao 2010 e así. Orixinais a máis non poder. E entre todos eles, rescato o de Andrés Oppenheimer en El País. No seu listado de propostas para o ano que entra, di o seguinte:

Se puede enseñar inglés, portugués y otras lenguas gratis. Durante mis recientes viajes a Finlandia, Suecia e Israel, me sorprendió la respuesta que recibí cuando preguntaba por qué tanta gente hablaba inglés en estos países, facilitando así su inserción en la economía global: «Muy fácil. ¡No doblamos los dibujos animados de la televisión, y nuestros niños se acostumbran al inglés desde la cuna!». Ahora que China y otros países asiáticos están empezando a enseñar inglés obligatorio desde el tercer grado de la escuela primaria (cuatro años antes que en la mayoría de los países latinoamericanos), no sería mala idea que los países latinoamericanos dejaran de doblar los dibujos animados de la televisión, y permitieran que los niños los vean en inglés, portugués y otras lenguas extranjeras.

Do que se deduce que, dado que aprender inglés é un valor importante (que por certo, eu non discuto) se na tele pasaran todo en inglés, en troques de dobrado, os cativos aprenderíano dun xeito natural e así todo sería mellor e toma e dalle. Claro. Debe de ser por iso que, como comentamos hai pouco, na tele galega comezan a pasar cousas ben raras, como é pasar os Teletubbies en inglés con subtítulos en galego (programa, non se esqueza, pensado para bebés, é dicir, que non saben ler, nin en galego nin en castelán nin en nada).

O que eu digo é que hai que darlle a volta ao argumento. Ou non darlle a volta. Deixalo como está pero aplicado ao galego. Se todo, absolutamente todo, se pasa dobrado ao galego, daquela, para os cativos será natural a aprendizaxe da propia lingua (importante matiz: o inglés non é a nosa lingua propia; o castelán tampouco).

De feito, o propio articulista remata así: Lo mismo en Estados Unidos, donde pasar dibujos animados en español ayudaría a millones de niños no hispanos a hablar el idioma de Cervantes.

Pois iso, que fomenten a dobraxe galega, que iso axudará a milleiros de nenos a falar a lingua de Rosalía.

Chuzame! A Facebook A Twitter

3 ResponsesQUE FOMENTEN A DOBRAXE GALEGA to “”

  1. Ramón says:
    Decembro 30th, 2009 at 3:50 p.m.

    Totalmente dacordo Fran, pero pareceme que o tema vai por outros derroteiros: nos memsmos os galegos e galegas somos os detractores da nosa lingua, e xa non so da lingua, senón de todo o que leva de cultura…..quizáis os poucos que seguenmos a loitar cambiaremos algo, non o sei, pero eu sego cara adiante co meu «estilo» de fala, jejejej…Unha aperta moi grande e feliz 2M10 en galego

  2. náufrago says:
    Decembro 30th, 2009 at 5:17 p.m.

    O mesmo para ti, Ramón

  3. A canción do náufrago » Arquivo do blogue » QUERO COMO EN CATALUÑA says:
    Xaneiro 16th, 2010 at 10:25 p.m.

    [...] falei disto, varias veces. Do efecto positivo que ten a dobraxe en galego sobre a lingua e a súa [...]