LEONARD COHEN NON É GALEGO (MELLOR PARA EL)

Posted by franciscocastro - 21/12/09 at 10:12 p.m.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/dSWgnSE8A-I" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Como músico frustrado que son (xa o dixen unha morea de veces) leo moitos libros sobre músicos, e sobre a historia da música contemporánea, e é por iso que ando ensarillado neste libro. Interesantísimo, vemos como Leonard Cohen vai construíndose a si mesmo, procurando o seu camiño, a diario, loitando coas palabras e co seu propio sentir.

Sendo moi novo, conságrase na súa Canadá natal como poeta e novelista. Vende libros e gaña premios. A crítica e o público están rendidos aos seus pés antes de chegar á década dos sesenta. El é aínda un rapaz. Sen embargo, decátase de que non vai poder vivir da literatura, e é por iso, segundo propia confesión, que se pasa á música. Para poder vivir de algo artístico.

Dende logo que lle agradecemos o cambio. Ou o complemento, porque tamén o gozamos como literato. Mais, o seu comentario, fíxome chantar de novo os pés no chan, no meu solo galego. Porque a meirande parte dos autores e autoras galegos sabemos que dificilmente viviremos disto.

E nin sequera nos queda o consolo, aos músicos frustrados, de nos pasar á música para vivir da arte.

Os comentarios están pechados.