20 ANOS FUNDIDOS EN NEGRO
Posted by franciscocastro - 17/12/09 at 10:12 p.m.
Hai 20 anos da estrea, á vez, o mesmo día (non o esquecerei, a emoción foi grande) cando na cidade de Vigo, onde tantas boas cousas teñen comezado para a nosa cultura, das películas Sempre Xonxa, Continental e Urca. Eu tiña 23 anos e lembro o entusiasmo de todo o que vin e escoitei aqueles días.
Naceu o cine en galego.
Por fin temos un cine de nós.
Agora será común e habitual irmos ás salas a ver películas feitas aquí, na lingua de aquí.
20 anos despois, as fitas en galego seguen a ser anécdotas. E a sensación, agora, xa non pode ser de entusiasmo. Máis ben de derrota. Outra máis.
E non é, dende logo, pola calidade dos actores e actrices.
E non é, dende logo, porque non teñamos bos guionistas ou directores.
E non é, dende logo, porque non nos guste facer cine.
Case que me entran ganas de dicir que o problema é que non temos país detrás que nos sustente.
Nin isto nin outras moitas cousas.

Decembro 17th, 2009 at 11:00 p.m.
E o problema non serán as clases dirixentes que se desentenden do noso país un día si e o outro tamén?
Decembro 17th, 2009 at 11:25 p.m.
Lembro saír de traballar e meterme no cine de enfronte o choio a ver continental, saín satisfeito… e ca mesma impresión ca ti…por fin cinema en galego…é unha magoa que pouco máis se fixera, pero non me parece tanto unha derrota coma unha rendición por interese…o mellor viña ben unha revolta «irmandiña» a ese monopolio das multisalas.Saúdos e apertas