RESPECTO E PROTECCIÓN PARA NÓS

Publicado por franciscocastro - 15/12/09 at 10:12 pm

respecto

Aínda que o que mola é transgredir, ir contra as normas, inventarse outras, etc., témome que, en todo o que se refire á nosa lingua, o que temos que pedir é que se cumpra a lei, que as cousas non muden e que, en definitiva, se fagan as cousas como mandan os códigos.

Hai un tempo lembrei que as Declaracións Universais nos protexen. Hoxe, teño que lembrar a todos os galegos e galegas que queren acabar coa nosa lingua, que soñan cunha Galicia sen galego, que a españolísima constitución, nos seus artigos 3.2 e 3.3 din o seguinte no epígrafe titulado O castelán e as demais linguas españolas:

2. As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas
comunidades autónomas de acordo cos seus estatutos.
3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é
un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.

Daquela, e a pesar de que soe alucinante, debo pedir que nos mostremos conservadores do que xa hai. E a eses, que tanto lles gusta falar de imposicións e non sei que máis paranoias esquizoides, lembrarlles que hai unha lei que nos respecta e nos protexe e que está, e debe de seguir estando, por enriba dos seus odios irracionais.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Deixa unha resposta