¿QUE PERSONAXE LEVARÍAS A UNHA ILLA DESERTA?

Posted by franciscocastro - 09/12/09 at 11:12 p.m.

náufraga

Xa que vai tan ben a pregunta que onte vos fixen, e na que vos animo a seguir participando, tomo carreira e cuestiono de novo.

Do que se trata agora é de saber -pregunta de náufrago- que personaxe levarías a unha illa deserta. Pode ser alguén coñecido (Robinson, por seguir co gremio), ou un arquetipo (un cabaleiro andante, un elfo… ).

Coma onte, comezo eu.

Este náufrago, a unha illa deserta levaría unha náufraga.

Agora tócache a ti.

Chuzame! A Facebook A Twitter

16 Responses¿QUE PERSONAXE LEVARÍAS A UNHA ILLA DESERTA? to “”

  1. Manu Montenegro says:
    Decembro 10th, 2009 at 2:54 a.m.

    Eu levaría ó meu tío avó Francisco Fernández del Riego. Aínda que xa está moi maior, cada vez que o visito non fai falla nada máis, a súa oratoria é impresionante.

  2. SUSI says:
    Decembro 10th, 2009 at 11:58 a.m.

    Sinto copiar pero eu tamen levaria «os meus naufragos»

  3. Rosa Ll. says:
    Decembro 10th, 2009 at 12:09 p.m.

    A Merlín, que é como levarse á illa deserta mil personaxes nun só. Hai tantos! Levaríame a todos os Merlíns mesturados nun Merlín, vestido co traxe que lle debuxou Cunqueiro.

  4. Mr Tichborne says:
    Decembro 10th, 2009 at 1:46 p.m.

    A Sherezade, para que me conte contiños cada noite, polo menos as 1001 primeiras.
    En que libro hai náufragas, en feminino? Non me sexa trampulleiro, que ben se ve que só quere levar a da foto ;D

  5. Alba says:
    Decembro 10th, 2009 at 1:55 p.m.

    eu levaría unha gamela… ou ten que ser personaxe? se é así, levaríame a min mesma… non necesito máis

  6. modesta says:
    Decembro 10th, 2009 at 3:58 p.m.

    e non pode ser máis dunha personaxe? Porque paréceme un topicazo intragable que me queiran facer crer que estaría no paraíso nunha illa acompañada só da persóa que amo. De verdade credes iso?. Por favor que alguén mo argumente. Bicos

  7. Danilo says:
    Decembro 10th, 2009 at 7:00 p.m.

    Pois xa que os/as naáufrag@s de comapaña estásn collidos, eu vou tirar por cunqueiro tamén. Levar levaría, por tanto, ao marabilloso Simbad, que me describise cada noite, acompañados dun chá, un vento novo que el viu ou me convencese das bondades da illa Trapobana…

  8. náufrago says:
    Decembro 10th, 2009 at 9:01 p.m.

    Vexo que comezamos a encher esta illa.

  9. Dobo says:
    Decembro 10th, 2009 at 10:08 p.m.

    Como a da foto xa vai co naufrago eu levo a miña veciña do atico(falta saber si ela me levaria a min)Saludos amigos naufragos

  10. náufrago says:
    Decembro 10th, 2009 at 10:09 p.m.

    Pois boa sorte.

  11. Lola says:
    Decembro 11th, 2009 at 1:27 p.m.

    Eu sempre levaría A LUZ porque bota fóra a morriña, porque dá as cores un resplandor espacial e abriga as árbores.
    FELIZ NADAL!
    Lola

  12. náufrago says:
    Decembro 11th, 2009 at 1:31 p.m.

    feliz nadal tamén para ti.

  13. Eusebio says:
    Decembro 11th, 2009 at 9:35 p.m.

    Pois eu levaría a máis de un… pero para que quedara alí. Só.

  14. náufrago says:
    Decembro 11th, 2009 at 10:18 p.m.

    Carafio, que duro.

  15. An says:
    Decembro 16th, 2009 at 11:49 p.m.

    Por levar, se tivese que ser unha personaxe de ficción non levaría ningún, inventaríao eu e a cousa sería máis interesante…ou non?

  16. náufrago says:
    Decembro 17th, 2009 at 12:28 a.m.

    Dende logo.