A REALIDADE PARALELA DO PP

Posted by franciscocastro - 01/12/09 at 10:12 p.m.

liberdade

Unha das cousas que máis me amolan é a manipulación.

Unha das cousas que máis me amolan é a mentira repetida que, como dixo o outro, remata sendo tomada como verdade.

Unha das cousas que máis me amola é a demagoxia.

Unha das cousas que máis me amola é que me tomen por parvo.

A pasada fin de semana Rafael Louzán foi reelixido presidente do PP en Pontevedra. Nada que dicir sobre iso. Os seus militantes saberán. Cando tomou a palabra, recén nomeado, soltou esta perla: Puede parecer fuerte, pero con Feijóo renació una Galicia libre. Somos libres para hablar como queremos, para educar a nuestros hijos, para pensar y opinar.

De seguido, o presidente da Xunta tomou a palabra para sentenciar: Quiero un país libre donde se acabe el monolingüismo y venga el bilingüismo para hablar como nos dé la gana desde las instituciones.

E para rematala de todo, Mariano Rajoy: Las lenguas sólo tienen dos enemigos: quienes las prohíben y quienes las imponen. Celebro lo que está haciendo el Gobierno de Feijóo porque está apostando por lo más importante que tiene una persona: su vida y su libertad.

Se as cousas son realmente así, é que eu vivo nunha realidade paralela.

Chuzame! A Facebook A Twitter

12 ResponsesA REALIDADE PARALELA DO PP to “”

  1. A profa says:
    Decembro 1st, 2009 at 10:35 p.m.

    Onde hai que apuntarse nese universo paralelo?

  2. Tweets that mention A canción do náufrago » Arquivo do blogue » A REALIDADE PARALELA DO PP -- Topsy.com says:
    Decembro 1st, 2009 at 10:40 p.m.

    [...] This post was mentioned on Twitter by Francisco Castro, Kiko Chevarria. Kiko Chevarria said: RT: @chamademesimbad: A realidade paralela do PP http://franciscocastro.blogaliza.org/2009/12/01/a-realidade-paralela-do-pp/ [...]

  3. náufrago says:
    Decembro 1st, 2009 at 11:00 p.m.

    Non teño nin idea. Coido que é pura ficción.

  4. Manu Montenegro says:
    Decembro 2nd, 2009 at 12:40 p.m.

    ¿E non podemos bombardear a estes individuos, do mesmo xeito que un xornal de tirada nacional suxeriu recentemente bombardear os portos somalís para rematar co problema da piratería?

  5. Manu Montenegro says:
    Decembro 2nd, 2009 at 12:45 p.m.

    …Naturalmente, o xornal que tivo esa xenial idea é afín a Mariano, Feijóo e toda esa tropa de camándulas.

  6. E Carpente says:
    Decembro 2nd, 2009 at 8:52 p.m.

    O que hay que oir!, e na radio soaba como se estiveran totalmente convencidos, así será claro.
    Non sei se a realidade esa sera paralela, mais ben diverxente, esta tropa non so é perigosa, é nefasta. Aprópianse das palabras e o que fan con elas e enxurralas da peor maneira. E mira que non paran, nin domingos, nin festas, nada, eles dalle que dalle.

  7. náufrago says:
    Decembro 2nd, 2009 at 9:53 p.m.

    E, seica, con todo o éxito do mundo.

  8. An says:
    Decembro 4th, 2009 at 1:05 a.m.

    O malo de todo isto é que o creen. Saúdos e apertas.

    No aPPreciated.

  9. hormiga says:
    Decembro 4th, 2009 at 7:22 p.m.

    Qué forte! Mon Dieu!

  10. náufrago says:
    Decembro 4th, 2009 at 10:31 p.m.

    Mais real como a vida mesma.

  11. Boedense says:
    Decembro 11th, 2009 at 9:17 p.m.

    Eu penso que a cúpula do PP está vivindo nese mundo chamado Second Life, aínda non saíu del. Esperemos que o mandato de Feijoo só sexa un cuatrienio negro. Oito anos con el na Xunta sería un magnicidio da cultura galega.

  12. náufrago says:
    Decembro 11th, 2009 at 10:18 p.m.

    Na nosa man, en parte, está que tal cousa non suceda.