Archive for Novembro, 2009

ASÍ SI

17th Novembro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en ASÍ SI

O pasado domingo, no xornal El País, o ministro de xustiza, Francisco Caamaño, o mesmo que se manifestou con nós, declaraba o tipo de cousas que queremos escoitar no PSOE galego: “A lingua galega dignifícanos como cidadáns”, no titular. E dentro, frases coma esta: “Quen defenderá a nosa lingua se non o facemos os galegos?” […]

O ESCRITOR INSPIRADO (OU TIRADO)

13th Novembro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en O ESCRITOR INSPIRADO (OU TIRADO)

Adoito dicirlle aos asistentes aos meus obradoiros literarios, e nas parolas que teño nos colexios cando me convidan, conferencias e sitios así, que o escritor ten que estar sempre preparado por se a inspiración lle ataca. Non se sabe cando vai ser, pero non se pode deixar pasar o momento. Como a mellor maneira de […]

UN POST DEMAGÓXICO

11th Novembro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en UN POST DEMAGÓXICO

Claro, se agora eu vou e digo que as listas electorais deberían de ser abertas para que eu puidera votar realmente a quen quero, dirán que isto é demagoxia. E se digo que había que destinar os cartos que se adican a armas a educación, dirán que é demagoxia. E se digo que había que […]

MECANISMO DE DEFENSA

10th Novembro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en MECANISMO DE DEFENSA

O mércores pasado espertei xordo do ouvido esquerdo. Non era que escoitase pouco, ou lonxe, ou baixo. Era que non escoitaba nada. Marchei a traballar escoitando en mono, en troques de estéreo. E, pola tarde, fun ao médico, quen me dixo que tiña un tapón enorme. E que no dereito estaba a formarse outro. Preguntei que […]

MUROS MENTAIS

8th Novembro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en MUROS MENTAIS

Por todas partes escoitamos falar estes días de que hai 20 anos que caeu o Muro de Berlín. Non caeu porque os políticos así o quixesen. Non caeu porque dende a ONU así se decidise. Caeu porque un día a xente decidiu que tiña que caer, que xa era tempo. A min, este tipo de […]

O MEDO Á DISCREPANCIA NO PP

6th Novembro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en O MEDO Á DISCREPANCIA NO PP

Así titulei o meu artigo hoxe no dixital de A Nosa Terra. Podes lelo aquí.

¿QUE É SER GALEGO?

5th Novembro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿QUE É SER GALEGO?

O presidente francés largou unha pregunta tan curiosa como estúpida a todo o país para facer un estudo e non sei que. A cuestión en cuestión vén sendo: ¿que é ser francés? Sei da iniciativa pola tele, e un reporteiro sae á rúa preguntarlle á xente que é ser francés (antes dixen que era unha […]

INJLIS PITINJLIS NA TVG

4th Novembro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en INJLIS PITINJLIS NA TVG

Onte, no Faro de Vigo, publicáronme este artigo que vos deixo aquí.   ‘INJLIS PITINJLIS’ NA TVG Cando eu era neno –e xa choveu- faciamos esa brincadeira co asunto do noso descoñecemento do inglés e diciamos que falabamos injlis pitinjlis cando soltabamos pola boca algo que podía parecerse mais ou menos un pouco á lingua […]

UN XORNALISMO SECUESTRADO

2nd Novembro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en UN XORNALISMO SECUESTRADO

  O outro día, e con recoñecemento incluído, xa dixen o que pensaba sobre uns medios de comunicación secuestrados polo poder político. Leo xornais, escoito a radio, incluso, moi de cando en vez, colaboro con eles, cando mo piden, hai anos e durante anos dun xeito continuo e diario, agora, dende o 2003, case que nada. […]