UN POUCO MÁIS DE MISERIA
Publicado por franciscocastro - 29/11/09 at 09:11 pm
Parto do feito de que isto que vou escribir vai desgustar a máis de un. Sinto. Ou non, non o sinto. Para iso é a miña opinión, hoxe escandalizada despois de escoitar pola radio que varios cines de Vigo (e dixéronme por aí que tamén na Coruña, pero non teño confirmación do dato), decidiron dar en directo, nas salas, o Barça-Madrid deste domingo. Ou sexa, que colleron un espazo dedicado ao cine para pasarllo ao fútbol. Segundo a crónica radiofónica, cheo absoluto, todo vendido dende había días. Daquela, xa teñen a fórmula para saír da crise e conseguir que a xente acoda ás salas, que non ao cine: en troques de dar películas, que dean partidos de fútbol.
Ou porno en directo, por exemplo. Se do que se trata é de encher a sala...
Xa están as cousas como están para que aínda por riba teñamos que ver como empresas que teñen licenza muncipal para exhibicións de películas (que vén sendo unha actividade cultural) se pasen, tamén, ao pensamento único e obsesivo que nos leva a preocuparnos, só, das accións futboleiras dos profesionais das pelotas (que dubido que poida considerarse actividade cultural).
Paréceme, simplemente, miserable.


novembro 30th, 2009 ás 1:07 am
ondia, mira ti por que botavan fogos fai unhas horas…polo do futbol…o mundo estache moi mal meu. SAúdos e apertas
novembro 30th, 2009 ás 3:02 am
Cousas coma esta fan evidente, aínda máis por se tivésemos algunha dúbida, que a xente traga co que lle boten. Se eu fose o propietario dun cine,ante este panorama, promocionaría que a xente viñese a ver a vida en directo as 24 horas, cobrando por horas un módico prezo…¿Apostades cánto tempo tería garantido o cheo das salas? ¿Imaxinades o pastón que sacaría deses lambóns?
novembro 30th, 2009 ás 12:05 pm
Confirmo que este tema do Barça-Madrid retransmitido nos cines foi en toda España, de feito era unha merda porque non tiñan comentaristas, e a verdade un partido sen comentaristas é “como un xardín sen flores”… Saíu nas noticias, e os xornais anunciárono. A min o que me sentou mal é que só o puxesen no Plus e no Gol TV, que o normal é que fose un sábado polas autonómicas, ou polas nacionais, é igual, como sempre. Aquí no Local Social temos o Gol TV e aínda por riba que o puxeron por estes partidos a imaxe era de malísima calidade e tivemos que marchar a outro pobo a velo. Non hai dereito.
novembro 30th, 2009 ás 5:42 pm
totalmente de acordo
novembro 30th, 2009 ás 5:45 pm
[...] ningún cinema das múltiples vilas onde resido parcialmente estreou o filme [seica o balompé non deixou pantallas baleiras]. Así que acudimos, virtualmente, a filmotech e cometemos a extravagancia de pagar por ver umha [...]
novembro 30th, 2009 ás 7:18 pm
Non chegou tantos dias falando machaconamente do partido, que tamen ocupan un espazo cultural para seguilo. Dous equipos millonarios(non debo decir de funcionamento mafioso que e mui forte) que nin nos representan,nin ten nada de culto, mais ben o contrario, que pena.
decembro 1st, 2009 ás 1:30 am
Pois non che estou moi dacordo. Primeiro, é evidente que é unha excepción. Non poñen, nin poñerán partidos todos os domingos. Polo tanto, non creo que se trate de encher salas. Ademais, recordo outras veces nas que se proxectaron en directo concertos de rock e mesmo ópera en directo en moitas salas de cine (nas mesmas que teñen licenza municipal para exhibir filmes). Por outra banda, querido Fran, o do pensamento único, coincido con que é malo, por suposto, pero, de quen só se preocupa das accións futboleiras, como ti dis, e mesmo de quen SÓ se preocupa accións políticas, das accións económicas, das accións literarias, das accións gastronómicas, etc., etc., etc…Aproveito para reivindicar o meu racional gusto polo fútbol, que non se leva nada mal co meu gusto polos Beatles, pola boa literatura, polo bo cine e pola boa ópera, xúrocho. Ah! E oxalá, nesas salas de cine que quedan no noso país apostaran máis por producións nosas e menos pola habitual merdallada americana. Bicos, apertas e Visca o Barça (con perdón…)
decembro 1st, 2009 ás 6:23 am
Querido Monti: a min tamén me gusta razoablemente o fútbol. A miña crítica nada ten que ver con iso, como ben sabes. Só quero corrixirte: Gol TV e esa empresa de salas cinematográficas veñen de asinar un acordo para que TODOS OS DOMINGOS do ano se poidan pasar desa maneira un partido do Barça ou do Madrid ou calquera outro a elixir. Así que a miña crítica vai por aí: temos poucos lugares para a cultura e, así, algúns menos. Bicos e apertas.
decembro 1st, 2009 ás 8:26 pm
Pois eu aproveitei para ver “A noite que deixo de chover” en Filmotech.