NUMERATI

Posted by franciscocastro - 27/11/09 at 11:11 p.m.

camara

O pasado domingo, o suplemento de El País publicaba un impactante texto de Stepen Baker sobre os Numerati, que a pesar de ter nome de secta relixiosa de orixe medieval propia de calquera novela tipo Dan Brown, en realidade é o nome que reciben os matemáticos e enxeñeiros informáticos que traballan para as grandes corporacións multinacionais para ler os nosos correos, ver cando é que falamos polo móbil, que páxinas web visitamos e en que nos detemos máis e, incluso, como camiñamos ou que partes da cidade visitamos máis ou menos. Todo co obxectivo, segundo eles, de ter máis información sobre nós, ofrecernos unha publicidade personalizada e ata -cacho hipócritas- previrnos enfermidades.

Se alguén quere aprobar isto como o que veño de escribir, pois vale, pero, probablemente, o único que se agocha aí, aínda que moi veladamente, é un intento por controlarnos mellor.

E non é por autobombo (a ver: un pouquichiño si) pero este menda lerenda xa escribiu algo sobre iso.

Chuzame! A Facebook A Twitter

2 ResponsesNUMERATI to “”

  1. Tweets that mention A canción do náufrago » Arquivo do blogue » NUMERATI -- Topsy.com says:
    Novembro 27th, 2009 at 11:55 p.m.

    [...] This post was mentioned on Twitter by Xabier Pérez Igrexas, Francisco Castro. Francisco Castro said: Numerati http://franciscocastro.blogaliza.org/2009/11/27/numerati/ [...]

  2. r.r. says:
    Novembro 28th, 2009 at 12:13 a.m.

    E moi ben escrito, por certo.