MENOS MAL QUE TEMOS OS FACEBOOKS
Posted by franciscocastro - 26/11/09 at 10:11 p.m.
Contan as crónicas que, durante a presentación hai dúas fins de semana da plataforma, Galego, patrimonio da humanidade, a actriz Tamara Canosa (pola que xa mostrei a miña rendida admiración hai tempo), falou, diante da desgaleguización á que estamos sendo sometidos, do ‘drama da xeración facebook’.
Só podo darlle a razón.
Porque o que quero é dicir que menos mal que temos o facebook, e os blogs, e os twitter e todas as redes sociais ou toda a Web 2.0. , como vostedes queiran chamala, para darlle ao galego os espazos que nos medios tradicionais se lles negan, para darlle ás opinións favorables ao noso os territorios que noutros lugares se lles rouba.
Como digo sempre, se a Galicia real tivese a forza e a presenza e a constancia da virtual, seríamos un país certamente distinto.
E cando digo distinto quero dicir normal.
Daquela, celebremos que existe todo isto e que podemos, cando menos, aquí, dicilo, compartilo, espallalo e comentalo.

Novembro 27th, 2009 at 1:33 a.m.
o certo é que facebook pareceme algo incontrolable, pero sabendo manexalo coido que pode ser unha boa «arma» de dinamización, tes razón. Saúdos
Novembro 27th, 2009 at 12:28 p.m.
Como galega «emigrada» agradezo enormemente estes espazos de comunicación que unen aos galegos de todo o mundo!
Novembro 27th, 2009 at 1:26 p.m.
[...] This post was mentioned on Twitter by Xosé Couñago, Francisco Castro. Francisco Castro said: Menos mal que temos os facebooks http://franciscocastro.blogaliza.org/2009/11/26/menos-mal-que-temos-os-facebooks/ [...]
Novembro 28th, 2009 at 10:11 p.m.
[...] Sei que me repito, pero isto cuestiona, incluso, o propio concepto de democracia e de liberdade de elección. Por iso animo, e animo, a procurar esas opinións máis libres noutros sitios. [...]