¿POR QUE LLE TEÑEN MEDO Á NACIÓN?

Posted by franciscocastro - 24/11/09 at 11:11 p.m.

nacion

O outro día falamos durante dous días en Oleiros, entre outras cousas, do peso da nación á hora de escribir. Pesar pesa, pero queremos escribir sen tela sempre enriba. Escritoras e escritores galegos sen máis. Facendo literatura.

Sen embargo, hai outros aos que si que lles pesa moito a nación. Calquera nación que non sexa a española, por suposto.

Porque ao día seguinte dese encontro, os xornais cuspían que o Tribunal Constitucional cargábase do Estatuto catalán o termo nación. E a maioría conservadora dese tribunal aproveitou para manifestar a súa oposición aos símbolos nacionais.

Ese mesmo día, UPyD reuníase para celebrar o seu primeiro congreso e, entre as cousas aprobar unha proposta para non se fale en ningún texto oficial de nacionalidades, senón de comunidades, a secas.

Daquela, os nacionalistas españois, que curiosa paradoxa, téñenlle un medo atroz ao concepto de nación.

Que difícil que o temos, por favor.

Chuzame! A Facebook A Twitter

4 Responses¿POR QUE LLE TEÑEN MEDO Á NACIÓN? to “”

  1. An says:
    Novembro 25th, 2009 at 12:29 a.m.

    pois vai ser que si, unha magoa que a estas alturas da historia inda se sega nestas leas. O peor de todo é que o final botanlle a culpa as minorias dos males que eles mairias fan. Saúdos e apertas

  2. E Carpente says:
    Novembro 25th, 2009 at 5:02 p.m.

    Vin comentario ao respecto de Rosa Díez, e chégalle ben, sentíase a carraxe cando pronunciou a palabra «nacionalismos», non sei que pensa, pero creo que está algo trabucada, ou non ten nada mellor que facer, cousa que dubido.

  3. Eva Lozano says:
    Novembro 25th, 2009 at 8:05 p.m.

    Sempre é o mesmo: canto poder teñen as palabras, como aquilo do matrimonio, se son homosexuais non é «matrimonio», vaia cousas… Agora Catalunya é un país, mira ti, pero o certo é que o nacionalismo pálpase en todos os partidos que hai aquí, xa que o PP apenas existe. Tonterías para perder o tempo en vez de facer o que teñen que facer!

  4. náufrago says:
    Novembro 25th, 2009 at 10:07 p.m.

    Pero non son parvadas porque, precisamente, as palabras son moi importantes, e significan xusto o que significan.