XA SEI O QUE QUERO PARA O NADAL

Posted by franciscocastro - 23/11/09 at 10:11 p.m.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/58FYKKty3a4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Hai seis meses que finou Antonio Vega, un dos grandes grandísimos da música. Un artista moi completo cunha enorme capacidade para a lírica, como demostran algunhas das súas cancións, coma esta que aquí vos deixo.

Dende sempre, quizais pola miña condición de músico frustrado, gosto moito de ler libros sobre cantantes, grupos, e historias da música rock en xeral. Así, aí atrás, cando me caeron os 43, unha boa amiga apareceume cun volume sobre Leonard Cohen. Ía a tiro fixo. Imposible trabucarse. Hoxe, leo por aí que está para saír o libro Antonio Vega, obras completas (once CDs con todas as cancións, un DVD e un libro de 120 páxinas).

Xa sei, xa que logo, o que quero para o Nadal.

Espero que o Apalpador, ou Papá Noel, ou os Reis Magos ou calquera alma caritativa con cartos, lea este meu blog hoxe.

Chuzame! A Facebook A Twitter

6 ResponsesXA SEI O QUE QUERO PARA O NADAL to “”

  1. An says:
    Novembro 23rd, 2009 at 11:11 p.m.

    nada, escribelle unha carta o apalpador a ver se cae XD SAúdos

  2. náufrago says:
    Novembro 23rd, 2009 at 11:16 p.m.

    Pois moitas grazas. A ver se lle fai caso.

  3. Eva Lozano says:
    Novembro 24th, 2009 at 9:43 a.m.

    Esta é unha das cancións que máis me gustan de Antonio Vega e, por certo, moi doada de tocar coa guitarra… Moita sorte co apalpador ou coa apalpadora!

  4. náufrago says:
    Novembro 24th, 2009 at 9:52 a.m.

    Pois xa me poño esta noite a tentar quitala coa guitarra.

  5. Eva Lozano says:
    Novembro 24th, 2009 at 12:25 p.m.

    Aquí tes os acordes:

    DO M (Donde), La m (donde), FA M (se divisan), SOL M (campos)… Refrán: FA M (De sol), Do M (deseo), FA M (son tus), SOL M (en mi)…

    O que dixen, moi faciliña, xa verás! É todo o tempo igual. Espero que entendas cando tes que cambiar, quixen poñelo do xeito máis fácil, se tes a letra diante o entenderás.
    Por certo, se queres unha boa páxina para buscar acordes de cancións, milleiros, visita: http://www.lacuerda.net
    Que vaia ben o recital!

  6. A canción do náufrago » Arquivo do blogue » ANTONIO VEGA E A POESÍA says:
    Setembro 2nd, 2010 at 4:03 p.m.

    [...] cúmprese un ano do pasamento de Antonio Vega. Falamos del hai seis meses. E seis meses despois [...]