PROTÉXENOS O ARTIGO 30 (nós tamén indíxenas)
Publicado por franciscocastro - 19/11/09 at 10:11 pm
Aos que pleitean para que a lingua propia de nós teña que ser allea a nós; aos que reclaman nos tribunais que a fala propia nos sexa impropia; aos que reclaman en nome da liberdade que non sexamos libres para termos os nosos propios nomes, lémbrolles o que di o Artigo 30 da Declaración dos Dereitos do Neno e da Nena:
Nos estados nos que existan minorías étnicas, relixiosas ou lingüísticas ou persoas de orixe indíxena, non se lles negará a un neno que pertenza a tales minorías o dereito que lles corresponde, a ter a súa propia vida cultural, a profesar e practicar a súa propia relixión ou a empregar o seu propio idioma.
Daquela, nós tamén indíxenas.


novembro 19th, 2009 ás 10:31 pm
[...] This post was mentioned on Twitter by McShuibhne, Francisco Castro. Francisco Castro said: Nós tamén indíxenas http://franciscocastro.blogaliza.org/2009/11/19/protexenos-o-artigo-30-nos-tamen-indixenas/ [...]
novembro 20th, 2009 ás 9:29 pm
eles diranche que os nenos non son quen de pensar por si mesmos e que ese artigo non ten nin pes nin cabeza…que é basicamente o unico que din XD SAúdos
novembro 21st, 2009 ás 9:49 am
Os nenos e as nenas son moito máis intelixentes, sen dúbida, que moitos lexisladores.
novembro 22nd, 2009 ás 2:55 pm
E non sería posible que o ministro de xustiza lle arrease un bo pescozón ao xuiz ese de Alcorcón?, non dubido que o ministro ha ter bos argumentos para demostrarlle ao xuiz de Alcorcón e aos da sua corda que os inútiles son os que sen informarse, sen comprobar e sen ter en conta os dereitos fundamentais das persoas “pontifican” dese xeito e quedan tan tranquilos.
novembro 22nd, 2009 ás 2:59 pm
Supoño que a famosa separación entre lexislativo e xudicial impide ese tipo de cousas. Aínda que, para casos coma este, non estaría nada mal.
decembro 15th, 2009 ás 10:22 pm
[...] un tempo lembrei que as Declaracións Universais nos protexen. Hoxe, teño que lembrar a todos os galegos e galegas que queren acabar coa nosa lingua, que soñan [...]