A LINGUA INÚTIL

Publicado por franciscocastro - 18/11/09 at 11:11 pm

martillo-juez1

Onte un xuíz de Alcorcón dixo que a lingua galega é inútil.

Eu son daquela un inútil. E fago inútiles aos meus cativos, aos meus lectores. A quen me rodea.

Onte, un xuíz dixo algo perfectamente inútil que só pode ser froito da mala fe ou da desinformación. Tamén podería ser obra da intolerancia, pero dou por feito que un xuíz ten xuízo.

Onte, un xuíz dixo que o galego non valía para nada. Que, incluso, pode axudar a marxinalizar unha nena que queren traer a estudar aquí. Daquela, eu son inútil. Saber dúas linguas como aquí se poden aprender é inútil.

Inútil é inutilizar a riqueza porque si. Inútil é quen se ampara na toga para sentenciar e condear. Inútil é seguirmos falando de tanta inutilidade circundante e sentenciosa.

Que a miña lingua é inútil? Será. Como inútil é Michelangelo, a música dos Beatles e os bicos a lume manso a carón da lareira.

Como inútiles son algúns nos seus traballos.

A miña lingua, a non ser que teñas cabeza de "alcorconoque" non é para nada inútil. Como vai selo se sabe dicir amorodo, caloriña e donicela. Como vai ser inútil se vale para dicir de amor e, tamén, para mandar para o carallo a quen o mereza.

Lingua inútil do meu pobo. Eu fáloa porque si. Porque me gosta e me sae da inutilidade toda na que vivo decote. Amándoa. Sentíndoa en min.

Canto inútil solto e eu inutilizado de argumentos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

13 RespostasA LINGUA INÚTIL to “”

  1. Cris di:
    novembro 19th, 2009 ás 12:47 am

    Dunhas destas inútiles existencias como a deste ignorante(no me caso dun xefe de departamento de lingua castelá, cando entre dentes afirmou algo así como “que los dejen… total el gallego es una lengua muerta” :O ) nacen tamén as maiores paixóns e abertas declaracións de amor… a miña naceu ese día froito da carraxe en forma de poema…e xa que o patio está como está, dedicareina neste ano por segunda vez…

    LINGUA
    Que te quero ceibe
    coa morna quentura nos que habitas…
    Que te quero beluda e garimosa
    co delicioso soniquete
    do mar,
    coa escuma dos días
    da túa labranza…
    Que te quero viva…
    Inda que moit@s
    sachen sen folgos
    á beira do teu cadaleito.

  2. An di:
    novembro 19th, 2009 ás 1:45 am

    e digo eu, como un ignorante que son, claro, se o levase a gran bretaña…avia de xulgar do mesmo xeito? triste que hoxe en día andemos con paifocadas como isa…e máis ditas por un xuiz. Saúdos

  3. hormiga di:
    novembro 19th, 2009 ás 2:15 am

    A xustiza máis que cega é miope e inútil.

  4. náufrago di:
    novembro 19th, 2009 ás 7:24 am

    Fermoso poema, Cris. An: non o dubides, non habería problema ningún. Tampouco se fosen a Toledo. hormiga: a xustiza é xustiza. Outra cousa é os que a imparten. Por iso sabemos que o seu dictame é legal, pero inxusto.

  5. publikaccion di:
    novembro 19th, 2009 ás 11:07 am

    o peor de todo é que o Governo Galego segue a pasar do tema porque aínda hoxe sigo sin ver unha condea instucional pola discriminación sufrida dende o poder xudicial de madrid… moita soplagaitez leva Freijonetas pero moito máis aínda queda por aturar… ¡¡CACIQUES TODOS!!

  6. Xesus Manuel Marcos di:
    novembro 19th, 2009 ás 5:00 pm

    Vaia, e eu que estou desexando volver a Galicia… Pensareino, non vaia ser que algún inútil me quite a custodia das fillas.

  7. Eva Lozano di:
    novembro 19th, 2009 ás 6:27 pm

    Quedei alucinada cando vin a noticia: estou segura de que esa sentencia non é nin pode ser legal de ningún xeito. Non ten nin pés nin cabeza, e máis tendo en conta que en Galiza, desgraciadamente, a lei non permite unha educación íntegra en galego. ¿Como pode basearse a sentencia en que recibirán clases en galego? ¿Non leron o Decreto? Por certo, ¿sigue en vigor o Decreto? É máis: ¿Algún día foi real ese Decreto? ¿Ou é que xustamente na escola desas nenas dan as clases en galego? ¿Existe un caso así? É que entón non acabo de entender toda a polémica sobre o ensino… Que alguén, se pode, mo explique, por favor, que agora mesmo, dende aquí, non teño noticias sobre como andan as cousas por Galicia neste sentido.

  8. Pedro di:
    novembro 19th, 2009 ás 8:36 pm

    Llevo varios días desconectado del mundo y no conocía la noticia. Lo cierto es que no salgo de mi asombro, provocado por tanta des(facha)tez, tanta ignorancia, tanta burrez.

    Como hijo y padre de galegos, no siendo yo galegofalante (por la vergüenza provocada por la falta de dominio de la lengua y la gracia que causaría mi galego malfalado de acento rioplatense), me pregunto si no deberíamos invitar a este “señoría” a que se venga a vivir con nosotros.

    Igual, de esa forma, con el paso del tiempo, logramos convencerle que en cualquier caso es mejor una lengua inutil – como a nosa – que un cerebro inutil – coma o seu -.

    Un abrazo a todos.

  9. náufrago di:
    novembro 19th, 2009 ás 8:47 pm

    Pois si, semella incrible. Pero é real e, ademais, insisto, como o di un xuíz é legal.

  10. O Peto Lareto di:
    novembro 22nd, 2009 ás 12:57 am

    O de que eramos inútiles xa o sabía, lamentablemente eles non se decatan de que son os iñorantes, imbéciles e escuros….

  11. náufrago di:
    novembro 22nd, 2009 ás 12:15 pm

    Que sabio, o noso himno.

  12. vermella republicana di:
    novembro 24th, 2009 ás 11:37 am

    Cada día cuestiono mais a infalibilidade de esta xente que pon por diante cuestións morais á hora de interpretar a lei. e o peor é que os seus criterios rematan por obrigarnos a todos ¿quen xulga a un xuíz? supoño que hai mecanismos para iso, pero non vexo nese colectivo moita autocritica

  13. náufrago di:
    novembro 24th, 2009 ás 11:45 am

    Exacto. Gran pregunta: ¿quen xulga aos xulgadores?

Deixa unha resposta