ASÍ SI

Posted by franciscocastro - 17/11/09 at 11:11 p.m.

francisco-caamano-ministro-de-justicia

O pasado domingo, no xornal El País, o ministro de xustiza, Francisco Caamaño, o mesmo que se manifestou con nós, declaraba o tipo de cousas que queremos escoitar no PSOE galego: «A lingua galega dignifícanos como cidadáns», no titular. E dentro, frases coma esta: «Quen defenderá a nosa lingua se non o facemos os galegos?»

Como digo, é o mínimo que queremos escoitarlle a un partido de esquerdas e galego. E tamén ao de dereitas, xa que estamos.

Daquela, espero que o PSOE galego esqueza para sempre asuntos absurdos do pasado.

Chuzame! A Facebook A Twitter

7 ResponsesASÍ SI to “”

  1. Manu Montenegro says:
    Novembro 18th, 2009 at 1:44 a.m.

    Supoño, náufrago, que estarás enterado da portada do Faro de Vigo de hoxe Martes 17 de Outubro: O Tribunal Supremo (con sede en Madrid) ven de rexeitar que os pais poidan escoller o idioma no que estudan os seus fillos; Di o fallo que o sistema educativo galego \non discrimina\ o castelán. Coido, entón, que as cousas non se estaban facendo tan mal na nosa terra, que a maldita enquisa estaba referida a un problema que non existe nin nunca existíu e que deberíamos preguntarnos cánto diñeiro se lle adicou a ese disparate.

  2. Manu Montenegro says:
    Novembro 18th, 2009 at 1:45 a.m.

    Perdón, houbo un lapsus, evidentemente é a portada do 17 de Novembro

  3. náufrago says:
    Novembro 18th, 2009 at 9:50 a.m.

    Si. Vina en Santiago. E alédame moito que o Tribunal Supremo tivese cabeciña…

  4. An says:
    Novembro 18th, 2009 at 3:54 p.m.

    Algo é algo, pero a magoa sería que chegado o intre isto quedase no que agora son, so verbas. Saúdos

  5. náufrago says:
    Novembro 18th, 2009 at 5:27 p.m.

    Esperemos que non, e que sexa un camiño sen retorno e para ben.

  6. vermella republicana says:
    Novembro 24th, 2009 at 12:06 p.m.

    Está ben que un tribunal avale o sistema educativo en galego, moi ben. pero e todos xeitos, os verdadeiros pulos para o idioma debémolos dar nos falando aos nosos fillos na nosa lingua para que a coñezan dende pequechos e non lles soe a obriga ter que aprendela no cole. eu fai pouco que son galegofalante, e ás veces pódeme o español pola costume, pero intento polo menos tres días por semana falar galego co meu fillo, para que coñeza a riqueza que lle pertence.

  7. náufrago says:
    Novembro 24th, 2009 at 12:13 p.m.

    Parabéns pola inciativa. Como sempre dicimos, a clave está en que vaia medrando o número de neofalantes.