O ESCRITOR INSPIRADO (OU TIRADO)
Publicado por franciscocastro - 13/11/09 at 10:11 pm
Adoito dicirlle aos asistentes aos meus obradoiros literarios, e nas parolas que teño nos colexios cando me convidan, conferencias e sitios así, que o escritor ten que estar sempre preparado por se a inspiración lle ataca. Non se sabe cando vai ser, pero non se pode deixar pasar o momento.
Como a mellor maneira de demostrar algo é empiricamente, deixo aquí unha foto que un bo amigo blogueiro me tirou, en plan roubado, nun tempo morto do Simposio sobre o libro electrónico no que estes días estou a participar en Santiago.
É unha foto histórica (ou homérica, como el mesmo me dixo) que, en calquera caso, deixa claro que os escritores e escritoras galegos escribimos cando e onde podemos.


novembro 14th, 2009 ás 6:00 pm
Xenial. Pois que as musas sexan contigo. SAúdos
novembro 14th, 2009 ás 6:41 pm
E contigo tamén
novembro 15th, 2009 ás 5:57 pm
Pois eu vou engadir un pouco de polémica ao asunto e vouche recomendar xusto o contrario: Se ataca a inspiración, aguanta sen facer nada. Se, ao cabo do tempo (horas, días ou meses), esa idea segue aí pegadiña, escríbea: está claro que paga a pena porque seguiu contigo (isto é como nas amizades). Ao fin e ao cabo, é o que recomendaba o gran Azcona.
Por suposto, que cada quen faga o que mellor lle vaia.É tan boa unha práctica como outra.
Saúdos.
novembro 16th, 2009 ás 9:53 pm
Pois eu prefiro capturar a idea en canto chega, especialmente se é desas ideas tercas que non se vand a cabeza e teiman en ir medrando (e eu procurei xa todos os métodos, memorización, ditado cando vou conducindo, gravación de voz, libretiña de man…) e despois xa irá para unha carpeta a pasar os días, os meses, os anos, até que un día decida se pode ver a luz ou non.
novembro 16th, 2009 ás 9:57 pm
Eu sonlles de portátil. Así de besta.
novembro 17th, 2009 ás 11:00 pm
Francisco, desculpa se molesto ou encordio, en paxaradas teño un meme que decidín pasarche devido a súa temática, se queres e podes pásate por alí e decide se queres coller o relevo. Saúdos e apertas
novembro 24th, 2009 ás 11:39 am
para que as musas te atopen traballando ¿ou non?
novembro 24th, 2009 ás 11:44 am
Por suposto. Sempre listo para collelas e non soltalas.