UN POST DEMAGÓXICO
Posted by franciscocastro - 11/11/09 at 09:11 a.m.
Claro, se agora eu vou e digo que as listas electorais deberían de ser abertas para que eu puidera votar realmente a quen quero, dirán que isto é demagoxia.
E se digo que había que destinar os cartos que se adican a armas a educación, dirán que é demagoxia.
E se digo que había que facer que os bancos pagaran a crise, dirán que é demagoxia.
E se digo que había que incrementar o gasto social e coidar da xente que o necesita, dirán que é demagoxia.
E se digo que para rematar coa fame no terceiro mundo o que hai que facer é deixar de aproveitarnos deles, dirán que é demagoxia.
E se digo que hai que facer leis para a igualdade real entre as xentes, dirán que é demagoxia.
E se digo que hai que asumir dunha vez que o máis importante é a educación dos nosos fillos e fillas, por enriba de todas esas cousas das que falan os xornais, dirán que é demagoxia.
E se digo que é posible acabar coas guerras, dirán que é demagoxia.
E se digo que é posible que non morran os cativos por enfermidades evitables, dirán que é demagoxia.
E podería seguir, demagogo e cheo de senso común.

Novembro 11th, 2009 at 11:41 a.m.
Diccionario da Real Academia Galega:
demagoxias.f. Política baseada en agradar ó pobo satisfacendo as súas aspiracións e intereses e fomentando as súas paixóns para manexalo mellor
Penso que todo é un problema gramatical, todo ven dese «súas» ós políticos creen que ese «súas» se refire as deles/as e realmente o diccionario o que se refire é as nosas
Quen dixo que a lingua non servía para nada? ata para gobernar o mundo
Novembro 11th, 2009 at 2:44 p.m.
O mundo esta cheo de demagogos, o caso é que ningun deles e banqueiro, político ou dono dunha gran empresa…o mundo eche moi demagogico…non si? saúdos e apertas
Novembro 11th, 2009 at 3:23 p.m.
És un demagogo perigoso.
Fusilen a iste subversivo.
Novembro 12th, 2009 at 12:22 a.m.
Que razón tes, meu rei!!!!!
Novembro 12th, 2009 at 1:47 a.m.
Encántame a túa demagogia. Se se lles pegara aos políticos…
Novembro 12th, 2009 at 12:19 p.m.
Por certo, non é que os políticos entendan o que queiran,o que pasa é que en español a verba ten unha definición algo máis retorta.
Diccionario R.A.E.
Demagogia
(Del gr. δημαγωγία).
demagogia.
(Del gr. δημαγωγία).
1. f. Práctica política consistente en ganarse con halagos el favor popular.
2. f. Degeneración de la democracia, consistente en que los políticos, mediante concesiones y halagos a los sentimientos elementales de los ciudadanos, tratan de conseguir o mantener el poder.
Francisco vai ser que iso de manterse no poder non o leva con moito fanatismo…je, je, je
Novembro 12th, 2009 at 2:01 p.m.
O seu, meu querido, non é demagoxia. É verdade.
Novembro 24th, 2009 at 12:13 p.m.
Se todos as demagoxias foran deste tipo, apúntome ¿onde está a lista? ¿Obama sabe desta lista? ¿e Zapatero? ¿e Sarko? ¿e…? habería que mandarlles a lista a ver si espabilan
Novembro 24th, 2009 at 12:14 p.m.
Non creo que sexan lectores deste meu blogue