MECANISMO DE DEFENSA

Posted by franciscocastro - 10/11/09 at 10:11 a.m.

trompetiña

O mércores pasado espertei xordo do ouvido esquerdo. Non era que escoitase pouco, ou lonxe, ou baixo. Era que non escoitaba nada. Marchei a traballar escoitando en mono, en troques de estéreo. E, pola tarde, fun ao médico, quen me dixo que tiña un tapón enorme. E que no dereito estaba a formarse outro. Preguntei que por que pasaban esas cousas, e máis nun tipo tan limpiño coma min. Díxome que non tiña nada que ver con iso, senón que era un mecanismo de defensa do organismo.

A cousa rematou en catro días de gotas e, despois, unha enfermeira quitoume o asunto.

Un mecanismo de defensa… ¿pero de que?

Puxen a radio e escoitei a algúns dos nosos dirixentes falar de asuntos varios: a imposición do galego, como liberar aos do Alakrana, os impostos dos futbolistas, que hai brotes verdes… eu que sei. Tantas e tantas parvadas que estou comezando a notar que a xordeira está a medrarme, e que é certo que temos mecanismos de defensa diante das mamelucadas que, decote, nos toca aturar.

Chuzame! A Facebook A Twitter

3 ResponsesMECANISMO DE DEFENSA to “”

  1. E Carpente says:
    Novembro 10th, 2009 at 8:32 p.m.

    Eu teño unha sogra que \desconecta\ cando estamos a falar arredor dela, algo xorda está, claro, pola edade, eu penso que oe máis do que di. Pola miña parte, direiche que gasto un audífono que as máis das veces levo no bolso, e cando me interesa, pois poñoo na orella, moitas veces non merece a pena gastar pila, polo motivo que dis e tamén polo ruido.

  2. Susana Lamela says:
    Novembro 10th, 2009 at 8:42 p.m.

    Moitas das veces, a min tamén me gustaría que se me formase un tapón porque así non me enfadaría tanto coas parvadas que se din!!!!

    Por certo, xa me chegou o libro. Moitas grazas. Xa o lin e gustoume moito. O sábado tiven un encontro na biblioteca de Gondomar e linlles un anaquiño aos nenos e nenas asistentes.

    ¿Recibiches o meu?

    Bicos

  3. náufrago says:
    Novembro 11th, 2009 at 9:50 a.m.

    Recibín, si, e xa o lin. Gustáronme eses soños de andel.