MUROS MENTAIS
Posted by franciscocastro - 08/11/09 at 02:11 p.m.
Por todas partes escoitamos falar estes días de que hai 20 anos que caeu o Muro de Berlín. Non caeu porque os políticos así o quixesen. Non caeu porque dende a ONU así se decidise. Caeu porque un día a xente decidiu que tiña que caer, que xa era tempo.
A min, este tipo de efemérdes, no fondo, póñenme tristeiro. Porque vexo que hoxe segue a haber muros enormes que derrubar, mais non acho por ningures espírito favorable a provocar cambios. Atopo, e que me perdoen encetar un domingo con este pesimismo, moita actitude acomodada e, xa que logo, moita colaboración inconsciente.
Igual teriamos que identificar os nosos muros mentais.
Quizais descubririamos que son moito máis doados de derrubar do que pensabamos.

Novembro 8th, 2009 at 4:23 p.m.
Tes toda a razon Fran, os primeiros e máis importantes MUROS que temos que derrubar son os nosos, necesitamos parar, polo menos de cando en vez e observar con detenimento cara ao noso interior ( a respiración pausada vainos axudar moito)….a esencia dun mesmo, e afloraran moitos pensamentos que iremos derrubando connscientemete sen deternos neles, poruq todos eles forman paredóns, e así a nosa mente será maís clara….queda moito traballo, pero iso non é negativo e positivo. Saramago dicia que xa non cria nas grandes revolucións (as das masas), senón nas pequenas,nas individuais, esas suman e fanse grandes de verdade por que son a esencia de todos os seres humanos.
Novembro 9th, 2009 at 11:47 a.m.
Está demostrado que a intelixencia emocional vén determinada primeiramente polo noso coñecemento interior. A partir desta tarefa que a priori debería resultar moi sinxela (a falta de práctica é a que a fai máis complicada) podemos comezar a establecer relacións interpersoais equilibradas e fructíferas. O mesmo acontece co mundo: se os países atopasen un propio equilibrio interior seguramente as relacións internacionais prescindirían das guerras, dos muros, da xenofobia… e colaborarían entre elas para conseguir un mundo mellor.
Novembro 9th, 2009 at 11:49 a.m.
Daquela, os dous coincidimos, e eu tamén, que hai que aprender a ver cara dentro para logo proxectarse cara fóra.