¿QUE É SER GALEGO?
Publicado por franciscocastro - 05/11/09 at 10:11 am
O presidente francés largou unha pregunta tan curiosa como estúpida a todo o país para facer un estudo e non sei que. A cuestión en cuestión vén sendo: ¿que é ser francés?
Sei da iniciativa pola tele, e un reporteiro sae á rúa preguntarlle á xente que é ser francés (antes dixen que era unha pregunta estúpida porque este tipo de preguntas adoitan servir para excluír a quen non entra na "definición") e, entre as respostas que dá a cidadanía espontánea, un señor di: "ser francés é falar francés".
Inmediatamente -rariño que son- extrapolo e digo: carafio, daquela, é galego quen fala galego. E continúo: carafio, non é galego quen non fala galego.
Vaia por diante que o que dixen antes é absurdo, como xa se deduciría do ton empregado por quen isto escribe.
Mais o que me importa sinalar aquí é que ninguén aceptaría que se considerase francés a quen despreza e mantén que ten dereito a non ter contacto coa lingua francesa ou esixe que os seus fillos, en Francia, non estuden francés. Sen embargo, en Galicia, consideramos galegos de pleno dereito incluso aos que non falan a lingua do país, aos que a desprezan con xenreira e, tamén, aos que esixen non ten contacto ningún con ela.
¿Que é ser galego?


novembro 5th, 2009 ás 5:18 pm
Pois si que é un dilema; por moito que lles amole, mesmo por moito que denosten a fala de nos, cada quen leva no seu DNI un lugar de nacencia que non poden borrar. Eu que estou moi orgullosa da miña condición de galega e tamén de española sempre os considerarei galegos, malia eles mesmos.
novembro 5th, 2009 ás 8:12 pm
[...] todo isto porque leo no blog de Fran Castro o seu último post, no que recolle a pregunta que é ser galego. Para min ser galego é tamén ler en galego. Deixa [...]
novembro 6th, 2009 ás 4:06 am
Eu atopei algunhas pistas en Madrid, a semana pasada; Tiña que ir a unha revisión dunha operación á que me sometín este verán. A cita co médico era ás 4 e media da tarde e eu degustaba unhas cañas cos meus pais antes do xantar; entón escoito a un grupo de turistas falando inglés detrás miña, noutra mesa. Nun exercicio un tanto cotilla pra saber se era quen de entender o que falaban no seu idioma, lévome un sorpresón, de repente un deles dixo, cun inconfundible acento inglés: “Pimientos de Padrón, unos pican y otros no” ¡Iso é galego!. Pero é que cando saiamos do lugar pra achegarnos a outro preto do hospital no que poder xantar, escoito a unha rapaza exclamando, con perdón,: “¡Y preparan un pulpo a la gallega que te cagas!” e iso, ¡Tamén é galego!. E galego tamén era o tipo co que coincidín á carreira en dirección a unha boca do metro, que case deixa atrás a maleta ó tropezar cunha baldosa mal posta (Madrid tamén está en obras). O seu berro de protesta foi, literalmente e en plena porta do sol de Madrid,: ¡Onde carallo estará o alcalde!. Coido que todas estas cousas fannos ver que ser galego é moito máis que ser falantes da nosa lingua, é unha forma de ser. Unha aperta
novembro 6th, 2009 ás 10:02 am
En todo caso, un asunto complexo, seica.
novembro 6th, 2009 ás 10:30 am
O que rexeita a lingua non se sinte galego, iso está claro. Síntese español e punto. Os que estamos lonxe da terriña sentímonos tamén da terra que nos acolle, pero que bonito é, coma ben explica Manu, sentir referencias a Galicia, sexan as que sexan. A primeira vez que pisei Andorra entrei nun bar e na barra todos falaban galego… Foi moi emocionante!
novembro 6th, 2009 ás 11:06 am
A emigración…
novembro 6th, 2009 ás 12:55 pm
Galego pode ser calquera. De feito en México, Arxentina, Cuba, é algun outro país de Sudamerica son galegos por definición todos os procedentes de España. Iso a min góstame. Outra cousa moi diferente é sentirse galego e exercer como tal. Algunha xente prefire ser de “La Curuña” ou de “Puenteareas” e sintense moi orgullosos cando lles dicen:”Ah! pues no tienes acento ninguno”. Alá eles…que lle imos facer. Por outra banda tamen coñezo a Juanjo que naceu en Vallecas, sentiuse atraido pola nosa música, e hoxe en dia é un dos mellores investigadores do noso folclore, sae a menudo no “Alala” da TVG, e iso a min encantame. Unha aperta Naufrago.
novembro 6th, 2009 ás 1:01 pm
A min tamén me entusiasman os que deciden “adoptarse” a nós. O problema son os que se avergonzan.
novembro 6th, 2009 ás 6:07 pm
O conto é que os que facemos a nosa cultura porque vivimos e sentimos na nosa lingua dámoslle de comer a muitos deses gallegos que traballan nos organos autonómicos. A maior parte dos funcionarios de normalización lingüística falan español, e os que viven de falar galego na tvg ou na radio galega tamén. Somos os pinpíns polos que muitos españois de Galiza teñen para comer.
É unha vergonza que os que falamos galego non temos acceso aos postos de traballo que en principio estaban destinados a nós. Os que cobran de defendernos son en realidade os que asinaron pola nosa desaparición cando abandoaron o idioma, se algunha vez o falaron.
novembro 6th, 2009 ás 7:59 pm
Pra min ser galego, e ante todo defender a morte o noso idioma, e logo diso ser galego tamén implica sentir as costumes galegas, a nosa terra, e pois ben cando nos pregunten e ti onde vives? , non avergoñarnos de vivir no rural, defender o rural, que o lugar onde a maioria de nos ou polo menos nosos pais se criaron, o rural é o lugar de onde saiu a e sae a gran maioria de alimentos pra toda a cidade, pois ben se nos avergoñamos de falr e sentir a nosa GALIZA e meior que marchemos dela polo menos non lle faremos dano, porque avergoñarse de vivir NA CORUÑA no tanto de vivir en LA CORUÑA e moi triste pero hai xente que pensa disa forma.Se te avergoñas recomendariache ue colleses a estrada e te votaras a andar rumbo Madrid por exemplo, ou se ainda asi estas relativamente cerca de nos, os galegos/as, emprende rumbo até California
novembro 7th, 2009 ás 12:49 am
A vergonza, nunca. E sobre o que se comenta dos funcionarios, que deberían dar exemplo,pois en fin…
novembro 8th, 2009 ás 2:00 pm
Pois mira vas ter que llo preguntar a Rosa Diez (Rosa Cero máis ben) que onte dixo que Feijoo era moi galego no sentido pexorativo da palabra…cousa coa que el debeu quedar conforme porque non dixo nin “mú” non sei se será porque de vacas galegas pouco sabe ou porque o dixo no Clube financeiro de “La Coru” e o que se diga en LACO vai a misa…en fin Rivas explícao mellor… http://www.elpais.com/articulo/Galicia/presidente/resultou/gallego/elpepiautgal/20091106elpgal_21/Tes/
novembro 8th, 2009 ás 2:05 pm
O que esta señora pensa sobre nós hai ben de tempo que o sabemos.
novembro 11th, 2009 ás 3:30 pm
#12
Que sepas que acabas de convertirme nun visionario.
novembro 11th, 2009 ás 3:37 pm
¿E logo?
novembro 11th, 2009 ás 8:48 pm
Sinto o autobombo, pero botalle unha ollada a esta “gracieta”:
http://tantoquecontar.blogaliza.org/2009/02/11/cousas/