Archive for Outubro, 2009

A MIÑA CRÓNICA DO GALEÚSCA

14th Outubro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en A MIÑA CRÓNICA DO GALEÚSCA

Pasei a fin de semana en Arántzazu, en Euscadi, como un dos membros da delegación galega no Galeúsca. Xa de volta, só podo dicir que me sinto absolutamente orgulloso do claros que temos os galegos os camiños, da fe no futuro que demostramos diante dos nosos colegas dos outros países, e de como non é […]

FE

8th Outubro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en FE

Velaquí vos deixo o poema que saíu publicado na revista cubana Extramuros. Pretende ser un poema de amor. FE Sei que volverei nacer sei que volverei atoparme contigo sei que serei póla ra árbore mar licuado nube lixo de po no teu pelo o riso dese neno a esponxa que pasarás polas costas cando eu […]

DOUS DÍAS DE POESÍA

6th Outubro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en DOUS DÍAS DE POESÍA

Dous días de poesía seguidos. E estades todos convidados. Por unha banda este mércores participarei nun recital de poesía con Xosé María Álvarez Cáccamo, Eva Veiga, Lucía Novas e Carlos Fontes  co gallo da presentación do número 25 da revista editada en Cuba, ‘Extramuros’, que contén unha escolma de poesía galega dende Rosalía de Castro […]

¿QUE DIN AS ALTAS COPAS DE ESCURO ARUME ARPADO?

4th Outubro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿QUE DIN AS ALTAS COPAS DE ESCURO ARUME ARPADO?

A pregunta fixoa Pondal hai unha morea de anos. E cantámola no noso himno. Eu sei a resposta. O que os pinos galegos, no seu monótono fugar, teñen que lle dicir aos fillos de Breogán é: Non tendes amaño mentres non vos amedes, con todo o que sodes, tal e como sodes, tal e como […]

DE QUE LIBRO APRENDICHES ALGO E QUE

3rd Outubro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en DE QUE LIBRO APRENDICHES ALGO E QUE

Hoxe teño ganas – que xa van meses sen facelo – de vos facer unha pregunta. A literatura é, tamén, unha forma de coñecemento. E ás veces aprendemos máis sobre o mundo ou sobre nós mesmos lendo unha novela ou reflexionando sobre un poema que descifrando un sesudo ensaio sobre calquera cousa. Así, na miña […]

ESCURO, INVISIBLE E CASE NEGRO

2nd Outubro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en ESCURO, INVISIBLE E CASE NEGRO

Protestar protestamos. E agora toca retirar as protestas porque o programa Libro Aberto segue en antena. Rectificar é de sabios e, xa que logo, retiro todo o dito, fago promesa de enmenda e, incluso, pido perdón. Pero moito antes, aló polo 2006 (deume tempo a cambiar de blogue tres veces) xa chamaramos a atención sobre […]

ESE PRACER INOCENTE PERO MARABILLOSO DE ACUMULAR LIBROS E LIBROS…

1st Outubro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en ESE PRACER INOCENTE PERO MARABILLOSO DE ACUMULAR LIBROS E LIBROS…

Sei que rematarei tendo un ebook. De feito, deféndoos, aínda que teña moi claro que non van acabar co libro. Convivirán os dous soportes. Como pasa en tantas outras cousas. E teremos que ver o xeito de facelos interesantes, útiles e seductores. Leo que o kindle, ou o que é o mesmo, o modelo que […]