QUE LLE DEAN Á GRAN NOVELA GALEGA
Publicado por franciscocastro - 25/10/09 at 10:10 pm
Hoxe, nas páxinas económicas de El País, lemos unha interesante reportaxe sobre Takashi Murakami (nada que ver co escritor), Damien Hisrt e Jeff Koons, artistas contemporáneos que, sen pudor de ninguha clase, botaron a andar grupos de empresas para poñer as súas obras no mercado e así chegar a camta máis xente compradora mellor. O lema é a total submisión ao mercado, co cal, o espírito mesmo da creación e, sobre todo, do creador, ponse entre paréntese ou, directamente, desaparece.
No recente Galeúsca no que puiden participar, os colegas vascos e cataláns coincidían con nós en que na nosa literatura non hai obras de consumo rápido, ao xeito dunha Corín Tellado ou, sen ir tan abaixo, ao xeito dun Código Da Vinci. A causa, e eu nunca reparara niso, é que as nosas literaturas subsistiron sempre na resistencia, na pelexa contra outra literatura máis grande e opresora, o que levou a que dende o inicio da mesma, loitaramos por facer grandes obras, literatura enorme, como se só así se nos puidera tomar en serio e como escritores de verdade. A consecuencia máis inmediata de tal feito é que os nosos lectores teñen que ser xente capaz de gustar dese xeito de escribir. Un público, e espero que se me entenda ben, cun puntiño elitista. E iso no fondo é terrible, porque implica case que aceptar que é imposible chegar a grandes públicos masivos.
Así que por aí debe de vir a teima, eterna, de que alguén escriba a Gran Novela Galega. Sempre dixen que falar diso é o mesmo que recoñecer que todo o que escribimos é pouca cousa.
Así que, por min, que lle dean á Gran Novela Galega.
Escribamos novelas. Das boas, das malas e das regulares. Porque somos unha literatura no mundo.
Coma o resto.


outubro 25th, 2009 ás 10:42 pm
Por suposto que somos unha literatura no mundo, pero unha literatura por desgraza absolutamente necesitade de promoción internacional. Estamos en cueiros. Non hai axentes literarios que movan a nosa produción como cómpre, or iso apenas estamos tarducidos. Se non nos traducen, ou mllor dito, se as traducións das nosas obras non se publican é coma se o viño albariño tivésemos que bebelo enteiro nós (todas as colleitas de todos os anos). Consumimos verdadeiro lixo “de importación” e nós non temos nin a máis mínima posibilidade de saír. Seráia algo oi importante para esta literatura de nós
outubro 25th, 2009 ás 10:43 pm
Non sei que ten este meu computador que produce erros que non son quen de correxir. Deculpádeos.
outubro 26th, 2009 ás 7:21 pm
Canta razón tes, Xesús… De nada sirve escribir grandes novelas en galego se despois non poden saír do país. A promoción é boa, a comercialización é boa, se o produto é bo. Só temos que loitar un chisco e vender os vosos libros sabendo que son os mellores, dende as editoriais ou dende os propios autores, porque o que está claro é que en Galicia non se “levan” os axentes literarios…
outubro 26th, 2009 ás 11:39 pm
Estou dacordo en parte con vos, quizáis falte promotores ou promoción ben feita da nosa literatura, ou o erro etea na comercialización, non o sei por que non me adico a isto, pero o que si teño claro e que hai bos escritores e escritoras no noso pais que fan bos libros…o único que falta en primeiro lugar e que nos como galegos e galegas nolo creamos e merquemos, leamos eses libros, seremos os mellores promocionadores do noso.
O que comentas “naúfrago” do que fixeron eses artistas comtemporáneos, coma dis ti e entrar no entramado da globalización e consumo, o mesmo que intenta acabar ca diversidade de culturas, linguas, cidades, etc….
outubro 27th, 2009 ás 12:31 pm
Retiro totalmente a segunda frase do meu comentario, que agora que o releo non ten sentido: claro que vale de moito escribir en galego, de feito quería dicir todo o contrario, eu quero que se escriba en galego, pero tamén quero que as traducións do galego para outras linguas teñan saída, precisamente pola enorme calidade que teñen os escritores galegos. Por se non quedara claro…
outubro 27th, 2009 ás 12:42 pm
Claro que se entendía, Eva.
outubro 27th, 2009 ás 1:41 pm
Temos moi bos produtos na Terra que saen adiante grazas á exportación. Dá verdadeiro orgullo entrar nun supermercado dalgunhas grandes cidades europeas e ver que comercializan viños das Rías baixas. Isto hai anos era impensábel até que os produtores se asociaron e deron o paso adiante da exportación. O mesmo aconteceu coa moda (o caso inditex, por exemplo, entre outros moitos), coas conservas, coa produción de mexilón e rodaballo ou cos conxelados (Pescanova, por exemplo)… A literatura ten que dar exactamente ese mesmo paso. Temos escritores moi bos. Moito mellores como media que moitas literaturas que nos rodean pero ninguén os coñece fóra daquí. Se entras nas webs internacionais de venda de libros (Amazon…) non aparecen autores galegos salvo dúas ou tres excepcións: os dous de sempre (xa me entendedes) e algún outro que fichou por un gran axente literario recoñecido internacionalmente. Como vai querer alguén publicar as obras galegas se as descoñece completamente? Ou cambiamos isto ou desaparecemos. É así de sinxelo. Non pode sobrevivir unha literatura amateur e de tempo libre.
outubro 27th, 2009 ás 6:44 pm
e con isto que dis entro noutra cousa, como é que a literatura máis “lixeira” sexa a que máis vende… Vou ter que escribir unha novela de amor como Corin Tellado…desexádeme sorte. SAúdos
outubro 27th, 2009 ás 7:05 pm
Ánimo, a ver se che sae.
outubro 27th, 2009 ás 10:24 pm
Eu na casa teño unhas cantas destas… así que non estou preocupada porque apareza, si ilusionada porque aparezan moitas máis… así que ala, ala non vos entreteñades no facebook que me queda moito por ler…
outubro 27th, 2009 ás 11:35 pm
Iso. A escribir.