UN MEU ARTIGO, PLUMA DE PRATA DA ASOCIACIÓN DE PERIODISTAS DE COMPOSTELA

Publicado por franciscocastro - 24/10/09 at 10:10 pm

lectura

Hoxe recibín a agradable nova, nun acto fermoso arredor da homenaxe a ese gran xornalista que foi Borobó, de que o meu artigo Borobó despedido fora merecente do segundo premio, é dicir, da Pluma de Prata, no I Certame de Periodismo de Opinión 'Raimundo García Domínguez, Borobó' organizado pola Asociación de Periodistas de Compostela.

A pluma de ouro foi para o xornalista Xavier Lama. Presentáronse 51 artigos, así que podo sentirme contento de estar nese segundo posto, sobre todo tendo en conta que hai seis anos que non escribo dunha maneira habitual na prensa escrita.

De seguido, o meu artigo para todos vós (na foto, Xavier Lama lendo o seu traballo gañador; a calva brillante que se ve aí, é a miña):

Este é un artigo simple e pouco elaborado. Directo. Alguén dira: simplista e demagóxico. Tirádeo ao lixo. Este artigo quixera ser coma un Anaco. Que escribo, iso si, pola noite. E que quere falar de Borobó e do xornalismo que facemos hoxe. Ou igual non quero falar diso e do que quero falar é da crise. Da económica e da do xornalismo. Non o sei ben. En calquera caso é un anaco arroutado que nace dunha pregunta: ¿tería cabida un borobó nos medios de comunicación de hoxe en día?

Intúo que non. Entre outras cousas, porque os medios foron literalmente papados por un sistema, hoxe en crise, que os arrastra ao abismo. Por iso agora reclaman –e reciben-  axudas públicas. Tales axudas, inexistentes na época de La Noche (máis ben a Administración facía o posible por dinamitar –e con éxito- certos proxectos xornalísticos), supoñen, ademais dun cepo económico que vencella a supervivencia dos medios aos avatares políticos de cada momento, a vulneración do espírito democrático e de vixía dese propio sistema que paradoxicamente o alimenta. Se Borobó se xogaba a pluma, e non só a pluma, dándolle aire fresco aos rapazolos galeguistas que querían comezar a intervir na realidade, hoxe os medios viven amedrentados diante da posibilidade de non gustar ou molestar a quen detente o poder, e xa que logo, perder certos favores económicos. Así que é imposible deixar de facer outra pregunta, a segunda xa, ¿a quen pertencen hoxe as cabeceiras? Probablemente xa non a un editor ou grupo editor, senón aos que moven os orzamentos públicos. Xa avisei no subtítulo deste artigo que este era un texto crítico coa profesión. A quen lle proa que rañe. É o espírito Borobó que me invade. É o espírito dos vellos xornalistas, que gozaban de respectabilidade e, como consecuencia, de influenza. Hoxe, nas redaccións dos grandes medios fálase sen escrúpulo de que tal ou cal directivo é un home de tal ou taloutro poder político, partidista, ou o que sexa. E así o xornalismo prostitúese e perde nivel. E reláxase todo. Os soldos dos xornalistas para empezar. E o rigor. E por suposto, a credibilidade.

Cando Borobó morreu, todos os sectores xornalísticos, empresariais, políticos (de todos os bandos)… amosaron o seu respecto unánime á súa figura. Porque Borobó vivía na verdade ou, cando menos, nunha certa idea da verdade. Hoxe, o único certo é que Borobó duraría pouco nun xornal dos nosos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

12 RespostasUN MEU ARTIGO, PLUMA DE PRATA DA ASOCIACIÓN DE PERIODISTAS DE COMPOSTELA to “”

  1. Tweets that mention A canción do náufrago » Arquivo do blogue » UN MEU ARTIGO, PLUMA DE PRATA DA ASOCIACIÓN DE PERIODISTAS DE COMPOSTELA -- Topsy.com di:
    outubro 24th, 2009 ás 10:39 pm

    [...] This post was mentioned on Twitter by Francisco Castro, Kiko Chevarria. Kiko Chevarria said: RT: @chamademesimbad: Accésit! http://bit.ly/fFrb9 parabens [...]

  2. laura di:
    outubro 25th, 2009 ás 1:53 am

    Parabens Fran.

    Aínda que un segundo posto non é coma un primeiro,espero que non deixes de escribir por eso.A verdade é que os teus artigos moitas veces, por non dicir a maioría das veces teñen sentimento e eso é o importante.
    Unha aperta.

  3. Mr Tichborne di:
    outubro 25th, 2009 ás 3:18 pm

    Parabéns polo artigo e polo premio. Necesariamente directo.

  4. náufrago di:
    outubro 25th, 2009 ás 6:08 pm

    Grazas. Así dá gusto.

  5. Henrique Monteagudo di:
    outubro 27th, 2009 ás 9:36 pm

    Moitos parabéns, Francisco. Por certo, estiven na primeira parte do acto, pero perdín o dos premios. O teu artigo merecíao.

  6. náufrago di:
    outubro 27th, 2009 ás 10:17 pm

    Moitas grazas, Quique. Eu estou moi contento con ese accésit.

  7. hormiga di:
    outubro 29th, 2009 ás 12:11 pm

    parabéns, foi merecido, polo que se ve

  8. náufrago di:
    outubro 29th, 2009 ás 12:14 pm

    Grazas. Non sei se foi merecido. Pero así foi como eu sentín que tiña que escribilo.

  9. Acuática di:
    outubro 29th, 2009 ás 8:10 pm

    PARABÉNS!!

  10. náufrago di:
    outubro 29th, 2009 ás 10:03 pm

    Moitísimas grazas, Acuática

  11. A canción do náufrago » Arquivo do blogue » UN XORNALISMO SECUESTRADO di:
    novembro 2nd, 2009 ás 9:43 am

    [...] outro día, e con recoñecemento incluído, xa dixen o que pensaba sobre uns medios de comunicación secuestrados polo poder político. Leo xornais, escoito a radio, [...]

  12. A canción do náufrago » Arquivo do blogue » EXISTE O XORNALISMO DE OPINIÓN? di:
    novembro 28th, 2009 ás 10:09 pm

    [...] xornalismo de opinión ten un problema que xa expliquei hai ben pouco, e que se resume en que non están realmente liberados do poder ao que teñen que criticar e pedir [...]

Deixa unha resposta