¿E PASARÍA ALGO SE ZARA FALASE EN GALEGO?
Posted by franciscocastro - 23/10/09 at 10:10 p.m.
Todos temos estado algunha vez nun Zara. Eu este mesmo serán. E, coma sempre, alucinando coa megafonía: señorita Blanca, acuda a Woman (pronúnciese guoman), ou, Vanessa, acércate a Basic (pronúnciese beisic).
A miña pregunta é obvia: ¿pasaría algo se Zara decidise expresarse en galego? Xa non só pola megafonía, senón na cartelería e na súa publicidade.
Din os que saben disto que o grupo Inditex é un exemplo a seguir dende o punto de vista empresarial. Zaras hai por todo o mundo. Zara é unha marca de prestixio.
Ao que vou: ¿alguén pensa de verdade que habían deixar de gañar o mundo de cartos que gañan se en troques de dicir woman dixesen muller?, ¿alguén pensa que na Bolsa había irlles peor de saberse que en Galicia (no resto do estado non é preciso, por suposto) se dirixen aos clientes na lingua propia?, ¿os accionistas fuxirían en masa aínda que os beneficios seguisen medrando?
Estou convencido de que non. Que os que gustan da súa roupa, do seu estilo e das súas maneiras, habían seguir mercando aínda que por megafonía oísen a lingua nosa.
Daquela, resposto: se Zara falase en galego non pasaría absolutamente nada.
A nivel comercial.
Sen embargo, para o país, sería un salto cualitativo importantísimo.

Outubro 24th, 2009 at 1:29 a.m.
Ademais do que dís, tamén sería moi importante que ZARA fixera investimentos en Galiza.
Outubro 24th, 2009 at 1:12 p.m.
Sería estupendo, claro que si, e como ben dis, non pasaría nada, só que os galegos nos sentiríamos ben orgullosos de ser a cuna dunha das empresas téxtiles máis importantes do mundo, que deste xeito a xente por aí nin sabe que son galegos. O mesmo digo para Adolfo Domínguez…
Outubro 24th, 2009 at 2:29 p.m.
Pois sería un avance, aínda que vendo o moito que lle importa a Ortega (estou con Dulce) esta terra, dubídoo.
Vivo no estranxeiro e ninguén sabe que Zara vén de Galicia, nin de España. É unha marca aséptica.
Lembro como me enganei (e outros moitos) co «Zara Home», pensando que era roupa de cabaleiro e atopando só manteis e cousas para a casa. Pronúnciese «Home» coma «Ghoum».
Outubro 24th, 2009 at 5:04 p.m.
Taría ben… mais moito temo eu que….
http://clasica.xornal.com/article.php?sid=20081030175307
Outubro 25th, 2009 at 11:36 a.m.
Pois mira, eu penso que este tipo de empresas son tan superficiais (e seino de boa tinta) que do mesmo xeito que inda que saiban que nos guste a súa roupa, non se atreven a cambiar as súas dependentas 90-60-90 de 0% de sustancia no cerebro, por mulleres galegas, cos quilos do cociciño nas cadeiras incluidos (como boa marca de Galicia Calidade)por medo a perder @s mercadores/as snobs e superficiais. Penso que inda que a prensa non se canse de dicir que Zara é unha empresa galega, solo o é porque ten as súas instalacións en Arteixo, e porque Amancio pasea a cotío polos almacéns, polas reunións, polo comedor… pero realmente a súa mente está tan fora de Galicia como @s milleiros de «cosechines/as» que terá na India… Zara é galega por circunstancias persoais, máis que por espíritu… é imposible ser tan «divin@ de la muerte» e falar galeg@, en según que mentalidades isto ainda non empasta…ou coñecemos algunha top model galega que nos faga o favor de esparcir a lingua por Tokio, Nova Iorque, Roma?… ou para ir ó sinxelo… hai pouco que Inditex abriu Uterqüe, a súa nova marca de complementos «chics»… como grande novidade e favor a Galicia, vanagloriáronse de que ía ser na Coru (onde se non) onde se abriría a primeira franquicia do mundo bla, bla… xa vedes sempre pensando n@s galeg@s este Amancio, que boa xente (quero decir que boa idea usar un poboación megapija estilo minibarrio madrileño para probar o producto)… etc o caso e que ainda máis sinxelo que a súa tropa falase galego sería usar unha franquicia con nome algo máis enxebre (ainda que polo menos UTERQÜE ven de lingua romance
) ou sin ir máis lexos… que tal empezar pola web? pois non hai maneira, abro a súa web e so teño dúas opcións «castellano» ou «inglés» … ou como diría Feijoo «bilingüismo» ;P
Ó grano… galego en Zara? pois penso que o único que encaixa nese perfil e a partida de nacemento do Señor Amancio :S
Outubro 25th, 2009 at 2:24 p.m.
Lúcida, coma sempre. Mágoa das mágoas.
Outubro 27th, 2009 at 6:41 p.m.
Eu coido que si perdería accionistas, moitos inversores sonche galegofogos (dise así?) agora ben, eu estaría moito máis cómodo…pero si as súas outras franquicias lles poñen de nome berska e cousas polo estilo…que imos agardar. Polo menos, as dependentas, contéstanme en galego, algo é algo. Saúdos