FE

Posted by franciscocastro - 08/10/09 at 09:10 p.m.

rapazalendo

Velaquí vos deixo o poema que saíu publicado na revista cubana Extramuros.

Pretende ser un poema de amor.

FE

Sei que volverei nacer

sei que volverei atoparme contigo

sei que serei

póla ra árbore mar licuado

nube lixo de po no teu pelo

o riso dese neno

a esponxa que pasarás polas costas cando eu xa non sexa.

Sei que volverei nacer

sei que volverei atoparme contigo

sei que serei

folla simple ameba básica

feixe de luz morta no cristal opaco doutras bocas

araña feblísima delgada hélice de adn

que vai perseguirte remota polos séculos dos séculos amén.

Sei que volverei nacer

sei que volverei atoparme contigo

sei que serei

xemido nos teus partos

fluxos da vida que imos semiando

inconscientes e namorados por aí

coma galaxias que baten a anos luz dunha terra ilusionada.

Cando volva nacer

cando volva atoparme contigo

daquela serei.

Chuzame! A Facebook A Twitter

8 ResponsesFE to “”

  1. Chus says:
    Outubro 8th, 2009 at 9:49 p.m.

    Fermosísimo. Coma sempre un lecer entrar no teu blog. Mágoa non estar máis cerca para escoitarte onte … Unha aperta dende Ribeira.

  2. náufrago says:
    Outubro 8th, 2009 at 10:17 p.m.

    Sendo ti quen mo di, Chus, sube a miña autoestima de poeta millóns de centímetros. Sabes moito o que te admiro como poeta. Grazas.

  3. Ramón Cabanelas Rodríguez says:
    Outubro 8th, 2009 at 10:30 p.m.

    Sempre lle tiven moito respecto á poesía, pero esta é directa, as palabras precisas, chega moi adentro…..e ao final deixate un anaco para a reflexión, e que che vou contar das amebas, ADN, como biólogo que son, justame maís….Unha aperta moi grande

  4. náufrago says:
    Outubro 8th, 2009 at 10:32 p.m.

    Aí a bioloxíaaaaa…. como tira.

  5. Cris says:
    Outubro 9th, 2009 at 9:51 a.m.

    nube lixo de po no teu pelo…

    (maxistral imaxe)

  6. náufrago says:
    Outubro 9th, 2009 at 10:18 a.m.

    Grazas, Cris.

  7. Eva Lozano says:
    Outubro 9th, 2009 at 3:59 p.m.

    Que fermosura, náufrago! Un amor sen fronteiras temporais, que lembra a unha idea que comentabamos o outro día no blog de Xesús: o amor que sempre estivo aí, que agardaba por nós e nós por el, e que, como ben dis, nunca morrerá. Que sorte temos cando atopamos á verdadeira persoa que cumpre con todo isto, non si?

  8. Manu Montenegro says:
    Outubro 9th, 2009 at 11:46 p.m.

    Fíxome lembrar aquel taller de escritura de hai uns dez anos, no que tí eras o mestre, que me fixo escribirlle a unha galleta, precisamente pra aprender a facer un poema, ¿lembraste? Noraboa e un saúdo.