ESCURO, INVISIBLE E CASE NEGRO

Publicado por franciscocastro - 02/10/09 at 09:10 pm

tv

Protestar protestamos. E agora toca retirar as protestas porque o programa Libro Aberto segue en antena. Rectificar é de sabios e, xa que logo, retiro todo o dito, fago promesa de enmenda e, incluso, pido perdón. Pero moito antes, aló polo 2006 (deume tempo a cambiar de blogue tres veces) xa chamaramos a atención sobre o alucinante que era que ese programa fose sempre de madrugada e entre semana. Nunca a unha hora normal. A esa hora normal, Luar. O programa de libros, non.

Gusto de Libro Aberto, paréceme un bo programa de televisión sobre libros. Laieime pola súa desaparición e alégrome pola súa volta. E como xa contamos moitas veces, é o programa de libros con máis audiencia de todo o Estado, máis, incluso, que o programa de La 2 que vai un domingo a media tarde.

Así pois, non acabo de entender como é posible que despois de case que cinco anos en antena, con tantas e tantas críticas no mesmo sentido pola miseria de horario ao que se lle confina, os responsables da TVG segan teimando en facer do libro galego algo escuro, invisible e case que negro.

(As dúas últimas emisións foron, na madrugada do martes, á 1.57 e ás 2.03)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

10 RespostasESCURO, INVISIBLE E CASE NEGRO to “”

  1. E Carpente di:
    outubro 2nd, 2009 ás 9:59 pm

    Propoño unha recollida de firmas para solicitar formalmente que “libro aberto” sexa emitido a unha hora na que, por exemplo se emiten: “Alalá”, “Doa Doa” é dicir: Antes da película ou da serie de turno, ou inmediatamente despois.

  2. An di:
    outubro 2nd, 2009 ás 10:56 pm

    O outro día, durante unhas festas, falando con grupiño de xente mallor, atrevinme a decir que non sabía que lle vian o luar, a resposta foi que era o mellor programa de toda a televisión…agardo que os directivos da tvg non opinen o mesmo por que, como ben dis, e unha magoa que teñan confinado a tal ostracisnmo horario a tan bo programa. SAúdos

  3. Tweets that mention A canción do náufrago » Arquivo do blogue » ESCURO, INVISIBLE E CASE NEGRO -- Topsy.com di:
    outubro 2nd, 2009 ás 11:17 pm

    [...] This post was mentioned on Twitter by Francisco Castro. Francisco Castro said: Escuro, invisible e case negro http://bit.ly/13W18y [...]

  4. náufrago di:
    outubro 2nd, 2009 ás 11:43 pm

    Sospeito que para isto as sinaturas non valen de moito. E ollo con criticar o Luar en segundo que ambientes: igual acabas mal.

  5. Dulce di:
    outubro 3rd, 2009 ás 12:08 am

    Esto é o de sempre: a audiencia. Os programas de libros non venden, Luar sí. ¿Por qué? Teríamos de analizalo en profundidade. O que está moi claro é que a nadie lle obligan a ver un programa que non lle guste. A mayoría dos galegos, gústalle Luar, e non lle interesan os programas sobre libros.

  6. náufrago di:
    outubro 3rd, 2009 ás 12:20 am

    Pero moita xente que si lle interesan os programas sobre libos poderían velos se os pasaran a unha hora decente.

  7. Rosalúa di:
    outubro 3rd, 2009 ás 6:50 pm

    “Libro aberto” pódese descargar a calquera hora do día na web na TVG. É de supoñer que aínda que as conexións domésticas a Internet non están xeneralizadas en toda Galiza, si o están entre o target ao que vai dirixido o programa, así que tampouco é unha catástrofe que se emita a un horario intempestivo. Ademais, teño a intuición de que se se emitise á hora á que entra “Luar” os venres, pillaría a moitos lectores tomando cañas.

  8. E Carpente di:
    outubro 3rd, 2009 ás 9:01 pm

    Rosalúa ten razón, os que coñecemos “Libro Aberto” polo menos no meu caso é porque o vexo no ordenador, pero a miña tendencia é a velo la TV, co resto da familia, facilitando que os nenos se afagan a estas informacións.

  9. náufrago di:
    outubro 3rd, 2009 ás 9:52 pm

    Dedúcese, Rosalúa, que hai que aceptar calquera horario polo feito de que se poida ver na web?

  10. Vermella Republicana di:
    outubro 9th, 2009 ás 12:56 pm

    Xa que o Luar parece pegado con Loctite, poderían cambiar o día para que ter un horario mais doado.

Deixa unha resposta