ESE PRACER INOCENTE PERO MARABILLOSO DE ACUMULAR LIBROS E LIBROS…
Posted by franciscocastro - 01/10/09 at 09:10 p.m.
Sei que rematarei tendo un ebook. De feito, deféndoos, aínda que teña moi claro que non van acabar co libro. Convivirán os dous soportes. Como pasa en tantas outras cousas. E teremos que ver o xeito de facelos interesantes, útiles e seductores.
Leo que o kindle, ou o que é o mesmo, o modelo que está chamado – de momento, lembrade o sistema beta dos videos – a reinar no mercado, pode acumular ata 3500 títulos. Por suposto é, obxectivamente falando, un grande avance. Leremos e levaremos con nós moitísimas palabras en forma de novelas, poemas, xornais enteiros, etc…
Como negarse a algo así de fermoso.
Sen embargo, algo botaremos de menos cando chegue o futuro. Que xa está aí, chamando por nós. Algo que ás xeracións que veñen por detrás vai custarlles entender. Refírome ao pracer, inmenso, que sentimos vendo a nosa biblioteca, medrando ano a ano, aumentando e crecendo.
Queremos ver os nosos 3500 volumes na nosa biblioteca. Ocupan un mundo. Pero dan tamén un pracer inmenso.

Outubro 2nd, 2009 at 9:47 a.m.
Si: outra das cousas que hai que inventar é «a biblioteca»: unha cousa como SecondLife, pero nunha habitación da casa, onde tes os teus trebellos dixitais ocupando espazo físico, a vontade…
e outra: non esperaba que a cousa fora tan rápido, pero onte vin no Alcampo o Papyre 5.1 por case 300 euros…
Outubro 2nd, 2009 at 9:58 a.m.
as bibliotecas molan, e son necesarias…
non importa que sexa persoal, pública, rexional, local, virtual o física…;-)
Outubro 2nd, 2009 at 10:09 a.m.
Totalmente dacordo, as tiendas de segunda man e as librerías son o noso pero enimigo… eu adoroos, tamén comprarei un cacharro deses, claro, igual que leo a prensa dixital, pero cando un colle un papel… xa non o solta… o probema de todo isto… as estanterías, xa non sei onde poñelas
Aquí a miña particular historia de amor con eles…
http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.2862.php
Outubro 2nd, 2009 at 10:30 a.m.
[...] víaA canción do náufrago » Arquivo do blogue » ESE PRACER INOCENTE PERO MARABILLOSO DE ACUMULAR LIB…. Comentar | URI do Trackback [...]
Outubro 2nd, 2009 at 12:41 p.m.
coincido contigo, francisco: o formato papel non vai desaparecer. penso que o libro electrónico vai substituílo case completamente en non moito tempo nalgúns ámbitos: o libro de peto ou o libro técnico, por exemplo. noutros o papel ha resistir máis pero tarde ou cedo quedará reducido a artigos cunhas características que os fagan únicos. as edicións de bourel, por exemplo. pequenas xoias así.
eu aínda teño unha boa colección de cd’s pero só escoito o que teño en mp3 no ordenador…
Outubro 2nd, 2009 at 7:55 p.m.
Dá un certo alivio saber que nalgúns tipos de praceres haiche moitos coma un…
Outubro 7th, 2009 at 8:59 p.m.
A estas alturas da vida ainda non teño resposta a pregunta que fai Enis Batur* Por que son prisioneiro dos libros?:Pero o que si sei que cando teño os meus ollos e a miña cabeza pousada sobre un libro son mellor persona pero non mais intelixente porque mentras estou lendo a outros fanlles moi bos regalos.
* enis Batur » As Bibliotecas de dedalo» editorial Errata Naturae.
Outubro 7th, 2009 at 10:05 p.m.
Interesante cita, abofé. Moitas grazas.
Outubro 9th, 2009 at 1:09 p.m.
Se desapareceran en papel, ¿onde ían quedar esas tardes cos ollos vermellos de ler sen poder parar? ou esas madrugadas. romperíamos en anacos a bola de vidro coa que nos afastamos de todo metidos nunha historia que se mete dentro de nos.
ou o pracer de recomendar un libro da nosa biblioteca paraticular e ensinalo e prestalo para que outro goce del.