Archive for Setembro, 2009

¿PERO NON ERAMOS TRILINGÜES?

8th Setembro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿PERO NON ERAMOS TRILINGÜES?

Leo, e alucino, que a Xunta puxo a andar unha campaña publicitaria para dar a coñecer a gratuidade, ou a suposta gratuidade, ou a non gratuidade, xa non sei, dos libros de texto, na radio, só en castelán. Eu vira as da prensa, dabondo patéticas, nas dúas linguas. De sempre a Consellería de Educación se […]

TOPÓNIMOS

7th Setembro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en TOPÓNIMOS

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/TsOMsmFmioc” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] O partido Ciudadanos. Partido de la Ciudadanía, esixiulle estes días ao Presidente da Xunta (estes, como os de Galicia Bilingüe esixen) que os topónimos galegos tamén sexan en castelán. Probablemente non se decataron da parvada que están a esixir. Porque se se decataron habería que chamalos parvos. Porque non […]

1984

6th Setembro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en 1984

Seica anda Tim Robbins por España coa súa versión teatral do clásico de George Orwell, 1984. Infortunadamente, e ata onde eu sei, a obra non visitará ningún dos teatros galegos. Mágoa grande. O que nos conta a novela de Orwell – e xa sei que non vou ser nada orixinal ao dicir isto – está […]

MAÑÁ SERÁ A MIÑA PRIMEIRA VEZ

5th Setembro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en MAÑÁ SERÁ A MIÑA PRIMEIRA VEZ

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/sXh4EuJa2TU” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Mañá será a miña primeira vez. Levo anos negándome. Non só iso, senón que levo anos dicindo que é moi triste mercar un xornal en concreto pola promoción. Pero mañá, e así durante os vindeiros trece domingos, estarei mercando El País para conseguir as tazas coas portadas dos discos […]

UNHA PREGUNTA PARA GLORIA LAGO

4th Setembro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en UNHA PREGUNTA PARA GLORIA LAGO

Quedoume sen dicir nada desta interesante entrevista con Gloria Lago, cabeza visible de Galicia Bilingüe, no Xornal de Galicia a finais de Agosto. Destaco unha frase porque quixera facerlle unha pregunta a Gloria Lago para que ma conteste, no improbable caso de que ela sexa lectora deste blog, que non creo, pero por se acaso. […]

MAÑÁ, MILAGRE EN VIGO

2nd Setembro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en MAÑÁ, MILAGRE EN VIGO

Mañá, ás 20 horas inaugúrase en Vigo unha librería. Supoño que xa se entende o por que do título. É unha nova librería, de nome ben clariño e evocador, Ler, que abrirá as súas portas na rúa Gran Vía 82, é dicir, un chisquiño máis abaixo da Praza da España, cara a Praza de América. […]

LITERATURA GRANDE

1st Setembro 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en LITERATURA GRANDE

Hoxe publiquei unha reflexión no blog da Editorial Galaxia sobre a nosa literatura. E sobre o universo. Podédela ler aquí.