MENOS MAL QUE TEMOS INTERNET
Posted by franciscocastro - 18/09/09 at 09:09 p.m.
Menos mal que temos Internet. Que nos fai visibles. Falo da cultura, da nosa, da que se fai na nosa lingua. Ás veces penso o bo que sería (utopía, utopía, utopia) que os xornais escritos, que as teles, que as radios, que os medios de comunicación que adoitamos cualificar como tradicionais lle concederan á nosa lingua, á nosa cultura, aos nosos creadores, a metade da visibilidade que na blogosfera conseguimos ter.
Así que debemos de bendicir este invento, e as redes sociais, e as arrobas e a nai que as botou, porque grazas a el dicimos o que pensamos, damos a coñecer o que facemos, debatemos sobre o que nos preocupa, chegamos a moitísima máis xente da que probablemente teriamos chegado se tiveramos que recurrir ás canles de sempre e, para felicidade do soño colectivo, temos a pura e bendita impresión de que, cando no menos no Reino do Virtual, no País Galego Electrónico, as cousas son normais.


Setembro 18th, 2009 at 10:09 p.m.
O problema é o pouco poboado que está o pais galego virtual conmparándoo co outro. Acho que mesmo hai xente que podería habitalo que descoñece a súa existencia, diluíndose a súa presenza no mundo virtual veciño.
Setembro 18th, 2009 at 10:51 p.m.
Gústame esta reflexión. E continuando co comentario de ghanito, creo que entre todos deberiamos fomentar este País Galego Electrónico, para que estea cada vez máis poboado e acabe por influír algo no País real.
Setembro 19th, 2009 at 11:07 a.m.
A min este invento fíxome achegarme de novo á miña xente, a Galicia, dende a distancia, e iso non ten prezo. Agradezo sobre todo este aspecto, que nos permita estar tan cerquiña, en directo, dende todas as partes do mundo.
Por certo: este «alugris» é Alberte por casualidade? Se é así, un saudiño dunha ex-alumna da primeira promoción de Tradución!
Setembro 19th, 2009 at 1:15 p.m.
De certo que estaría ben ter unha boa canle de Tv en galego ( o mellor cultura galega podería facer algo) e o mesmo con varios xornais que parecen que lle teñen medo…Xa non falo da radio por que dánme ganas de chorar…Agora debería dicir o de que se lle vai facer, pero iso amosa moito pesimismo así que digo…agardo que logo cambie.
Por certo, como meteches o trebello de chuza? Saúdos e apertas
Setembro 19th, 2009 at 4:16 p.m.
Vexo que estamos todos de acordo en que habería que conseguir que o País Galego Electrónico tivese continuidade no real.
An: O de chuza vén por defecto na plantilla de blogaliza, por dicirlo dalgunha maneira.
Xullo 24th, 2010 at 8:23 p.m.
[...] destas palabras do bo de Francisco Castro: “Temos a pura e bendita impresión de que, cando menos no Reino do Virtual, no País Galego [...]