TOPÓNIMOS

Posted by franciscocastro - 07/09/09 at 09:09 p.m.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/TsOMsmFmioc" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

O partido Ciudadanos. Partido de la Ciudadanía, esixiulle estes días ao Presidente da Xunta (estes, como os de Galicia Bilingüe esixen) que os topónimos galegos tamén sexan en castelán.

Probablemente non se decataron da parvada que están a esixir. Porque se se decataron habería que chamalos parvos. Porque non se pode pedir que un topónimo galego sexa outra cousa que un topónimo galego. Eu non podo pedir que tamén se diga Vigo en bielorruso (non sei como será) ou en inglés (pronúnciase «Vaigo», que así mo dixo un bobby unha vez), porque resulta que se chama Vigo. Cando os romanos, ou quen fose, lle deron nome a un sitio, déronllo só dunha vez e non en bilingüísmo harmónico.

Esta esixencia de que os topónimos galegos non o sexan, chega ao mesmo tempo que a resurrección do PP coruñés (os mesmos que non apoiaron hoxe a retirada da simboloxía franquista da cidade herculina) da idea de que a cidade da Coruña se chame La Coruña (por iso puxen a canción de Massiel: sei que Paco Vázquez gusta moito dela, e por se me le por alí polo Vaticano, pois para que pase un intre agradable…). Pois é a mesma parvada. É que se chama A Coruña e non pode chamarse distinto. Como Madrid non pode chamarse Madrí ou Sevilla, Zevilla. E o argumento de que as cidades deben de chamarse como o desexen os seus cidadáns (Vázquez dixit nos seus días máis lúcidos) é absurdo, porque igual aos de Vigo ou Vaigo se nos dá por chamarnos Liverpool -polos Beatles, xa saben- ou, no colmo do disparate, decidimos que queremos chamarnos A Coruña.

En fin, que seica existen partidos con tempo libre dabondo como para dedicalo á galegofobia. Coa de cousas importantes que poderían facer con todo ese tempo…

Chuzame! A Facebook A Twitter

9 ResponsesTOPÓNIMOS to “”

  1. An says:
    Setembro 7th, 2009 at 10:23 p.m.

    Eu reclamo con imperiosa urxencia que a Vilagarcía lle chamen a Vila…lein a noticia na prensa e pareceume unha paifocada…inda asi deixoume tremendo. SAúdos

  2. Ledicia says:
    Setembro 8th, 2009 at 3:21 p.m.

    Vou ter que ter coidado. Calquera día, esperto pola mañá e atopo que tamén prohíben os nomes propios en galego. A ver como me fan chamar logo. Alegría, coma o himno…

  3. náufrago says:
    Setembro 8th, 2009 at 9:17 p.m.

    ¿Que tal Jolgorio? Queda máis cañí…

  4. Vermella Republicana says:
    Setembro 9th, 2009 at 10:06 a.m.

    Si, hai partidos que son como satélites ou parásitos do PP, que saen cando hai campañas a facer balbordo e a levar a contra so para pescar votos. agora ao PP tócalle pagarlles o favor.
    e xa postos a castelanizar, eu digo que a Carballiño se lle chame O Roblecito.

    admítense firmas, he,he

  5. náufrago says:
    Setembro 9th, 2009 at 10:25 a.m.

    Pois eu propoño que Porriño se chame Porrito.

  6. E Carpente says:
    Setembro 9th, 2009 at 10:39 p.m.

    Parece que estiveramos a xogar aos disparates, pero por seguir o xogo, o meu voto para O Roblecito e mais O Porrito, je je je, ainda quedará moito por ver, so hai que darlles tempo.

  7. náufrago says:
    Setembro 10th, 2009 at 8:27 a.m.

    ¿E Puentevedra?

  8. Migueliño das uvas says:
    Setembro 14th, 2009 at 5:12 p.m.

    Pois eu vivo fóra de Galicia (e de España)e tiven xa un par de veces a discusión do idioma dos topónimos co meu compañeiro de piso (granadino). En realidade convenceume de que é normal que exista o nome en galego e tamén castelán. Se non, nós por analoxía teriamos que chamar London a Londres, porque segundo a argumentación que leo por aqui, London chámase London aqui e en Pekin.
    Non sei, alguén me pode convencer do contrario? (xa vedes que son bastante suxestionable…:)

  9. A canción do náufrago » Arquivo do blogue » O ALCALDE DE “LA” CORUÑA E O SEU DISPARATE… says:
    Setembro 27th, 2009 at 9:16 p.m.

    [...] Disto xa falei hai ben pouco. De feito, é un tema recorrente ao que temos que volver e volver, porque o PP teima e teima de cando en vez en poñerse nesas. Ata o de agora, o PSOE nunca se sumara á reivindicación. Sen embargo, desta volta, e ao igual que o PP e algunhas agrupacións da ultradereita máis casposa, o alcalde de A Coruña e por extensión o PSOE coruñés utilizan como argumento exactamente o mesmo cá eles: Lo desean los coruñeses. [...]