Archive for Agosto, 2009

E LEONARD COHEN PASOU POR VIGO

14th Agosto 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en E LEONARD COHEN PASOU POR VIGO

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/afmVuTMeFWQ” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Aínda me dura, case que vinte e catro horas despois, a emoción do concerto de Leonard Cohen en Vigo. Será difícil que diga aquí algo distinto ao que, dende a mesma madrugada de onte, estamos a ler en blogs e redes sociais varias. Eu só podo contar todo o […]

AS LINGUAS NON SE MOLESTAN

12th Agosto 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en AS LINGUAS NON SE MOLESTAN

Hoxe, a miña pequecha de ano e medio deu toda unha lección de sociolingüística no bar ao que a súa nai e irmán e eu acudimos con moita frecuencia. Unha muller, engaiolante e amabilísima, que tamén vemos decote no mesmo bar, achegouse a facerlle un par de aloumiños á cativa. Verbas amables nun castelán caribeño […]

MAÑÁ ‘LA CANCIÓN DEL NÁUFRAGO’ VAI ANTES

11th Agosto 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en MAÑÁ ‘LA CANCIÓN DEL NÁUFRAGO’ VAI ANTES

Aviso para navegantes e náufragos en xeral. Como mañá xoga a selección española de fútbol e só hai media hora de programa, a miña sección no programa La Mirilla de Onda Cero, vai un chisco antes das nove da noite. Estade atentos: mañá falo de bicos.

A COPULAR!

10th Agosto 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en A COPULAR!

As ideas máis revolucionarias chegan no intre menos esperado. Este serán, por exemplo, fun, como tantas tardes, coa miña pequecha ao parque. Estabamos alí só outra nai e eu. Uns cinco cativos e cativas máis, pero as súas nais/pais vixiaban dende os bancos. Escoito falar á outra nai. Fala galego. Eu falo coa miña nena. […]

VOLVÍN

9th Agosto 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en VOLVÍN

Como bo náufrago, pasei unha semana nunha illa. Esa da foto. A ver quen acerta cal é. Está chupado. Volvo e comprobo que no anterior post houbo debate intenso (que me perdín). En fin, que mañá, este blog recupera a normalidade. Xa tiña ganas.

COUSAS QUE NON SE ENTENDEN (2ª PARTE)

2nd Agosto 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en COUSAS QUE NON SE ENTENDEN (2ª PARTE)

Seguindo co de onte, hai outra cousa que non entendo. Os xornais galegos, todos todiños sen excepción, hoxe dedican páxinas completas (seica non hai nada interesante que contar, será por iso que xa case que ninguén le a prensa e imos todos de cabeza aos blogs e facebooks e twitters, etc…) a Xosé Tomás, e […]

COUSAS QUE NON SE ENTENDEN (1ª PARTE)

1st Agosto 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en COUSAS QUE NON SE ENTENDEN (1ª PARTE)

Hai un par de días, conta a prensa hoxe, na miña cidade (o que non pase en Vigo…) a alguén se lle deu por tirotear ás gaivotas, matando unha delas e, segundo as crónicas xornalísticas, encher boa parte da zona de pinchos do Casco Vello de sangue coma se fose un tiroteo en toda regra. […]