CIDADE DA CULTURA MANUEL FRAGA IRIBARNE

Posted by franciscocastro - 23/08/09 at 08:08 p.m.

cidade

Hoxe, en varios medios de comunicación galegos, Manuel Fraga Iribarne declara que os responsables políticos farían ben se decidiran poñerlle o seu nome á Cidade da Cultura. Sen dúbida, o senador non sabe que non é de moi boa educación ir pedindo recoñecementos, pero en fin.

Non é diso do que quero falar, senón da curiosa dobre maneira que algúns políticos teñen de entender a palabra “ideoloxizar”.

Seica as Galescolas ideoloxizaban (a bandeira galega e, sobre todo, ¡ouh anatema!, ¡vade retro, Satanás!, falábase todo en galego) pero darlle o nome a unha institución que, segundo se declara, quere ser referente mundial no que a cultura se refire, dun antigo ministro dun dictador fascista e criminal, que ademais fundou un partido político concreto, iso, seica, non é facer ideoloxía.

Aínda van atreverse…

Os comentarios están pechados.