Archive for Xullo, 2009

HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 7

18th Xullo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 7

Hoxe, nunha praia de Teis, en Vigo, mentres collía da man á miña pequecha, na beira do mar, algo me deu nun pé. Era un estraño anel dun cristal rosa. Un anel de muller. Nunca o mar me dera nada. E tiña pinta de valer os seus cartiños. Collino e gardeino nun peto do bañador. […]

A CULPA É DO YOUTUBE

17th Xullo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en A CULPA É DO YOUTUBE

Así titulei o meu artigo de hoxe en A Nosa Terra. Podédelo ler aquí.

¿QUEN ME EXPLICA ISTO?

16th Xullo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿QUEN ME EXPLICA ISTO?

Onte remataron as touradas de Pontevedra. Inseridas dentro das (cito do cartel) “Tradicionales Fiestas de la Peregrina” e patrocinadas polo “Excmo. Ayuntamiento”. O cartel segue con perlas progresistas coma estas: “se celebrará, si el tiempo no lo impide, con permiso de la autoridad y bajo su presidencia” (soa moi democrático); “5 ENORMES festejos taurinos5”; falan […]

SINATURA NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO

14th Xullo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en SINATURA NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO

Mañá, a partir das oito do serán, estarei asinando na Feira do Libro de Vigo. Será un pracer vervos a todos por alí.

O PREGÓN

13th Xullo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en O PREGÓN

Como prometín, hoxe deixo aquí o Pregón da Feira do Libro de Vigo que pronunciei o pasado venres. Espero que vos guste.

O NOCELLO DE LUCÍA MOLARES

12th Xullo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en O NOCELLO DE LUCÍA MOLARES

Coñecín a Lucía Molares hai dous días, cando acodiu como representante da Xunta de Galicia ao acto de inauguración da Feira do Libro de Vigo e no que eu lin o pregón. No rato que parolamos, pareceume unha persoa simpática, de trato amable e cortés. De verdade que foi agradable o ratiño que falamos sobre […]

O MELLOR AGASALLO

11th Xullo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en O MELLOR AGASALLO

Onte, antes de que eu comezase a ler o meu pregón na Feira do Libro de Vigo, tomou a palabra un dos directivos da ONCE para, entre outras cousas, informar de que me tiñan preparado un agasllo. Eu, xuro que nada sabía. Pero non podía ser mellor. Diante de todo o mundo déronme o primeiro […]

CONTENTO DE ESTAR EN BLOGALIZA

10th Xullo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en CONTENTO DE ESTAR EN BLOGALIZA

A canción do náufrago está dende hoxe en Blogaliza. Estou moi contento de estar acollido aquí.

PARA QUEN CREA EN CASUALIDADES

8th Xullo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en PARA QUEN CREA EN CASUALIDADES

Lendo sobre a escrita xeroglífica ( sonlles así de raro ) atopo un dato que me tira para atrás. Seica no ano 2200 a. C. escribiuse un texto titulado O conto do náufrago. Os expertos coinciden en sinalar que o seu argumento é idéntico ao Simbad o mariñeiro. Non hai que dicir máis. Eu son […]

UNHA TREGUA CON BENEDETTI

7th Xullo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en UNHA TREGUA CON BENEDETTI

Coma sempre, quero recomendarvos algún libro que veña de rematar. Esta mañá, mentres almorzaba (ventaxas de poñerse en pé as cinco da mañá para chamar polas musas ), rematei La tregua, unha novela de Mario Benedetti, recentemente finado e coñecidísimo, sobre todo, polo seu traballo poético (imprescindible todo o seu Inventario ). Sen embargo, eu […]