É QUE DÁ GUSTO

Posted by franciscocastro - 22/07/09 at 09:07 p.m.

hermida

Antonte sentei co meu fillo grande a ver o especial de TVE sobre a chegada do home á lúa. Presentaba, claro, Jesús Hermida.

E alí estabamos os dous, escoitándoo falar, pausado, de vagariño, acariñando as sílabas, utilizando sinónimos, facendo subordinadas. Fitei ao meu neno de carranca. Estaba, coma min, gozando daquel dicir cheo de palabras.

Daquela, díxenlle ao meu pequecho:

- Igualiño que la Patiño e Salsa Rosa e La Noria e todos eses, ¿va que si?

A súa resposta é todo un tratado de Socioloxía da Comunicación e, de paso, unha explicación completa do moito que dexenerou a televisión:

- É que dá gusto.

Ou o que é o mesmo. Que un tipo como Hermida, na tele de hoxe, non tería cabida. Porque fala (non berra), respecta a quenda de palabra (non interrompe), argumenta (non insulta)…

É a hora, xa que logo, de lembrar aquel vello dito que utilizabamos cando só había a canle pública española e suspirabamos pola tele privada:

- A tele privada – diciamos todos, coma parvos – traerá calidade.

A nai que nos botou…

Chuzame! A Facebook A Twitter

7 ResponsesÉ QUE DÁ GUSTO to “”

  1. McShuibhne says:
    Xullo 22nd, 2009 at 10:05 p.m.

    Vaia, o teu fillo o dixo moi pero que moi ben.

  2. Manena says:
    Xullo 22nd, 2009 at 10:35 p.m.

    Bueeeeno pai, esa es la formula gozosa de una buena enseñanza.¡Bó camiño!

    *no bilingüismo xa se sabe, expresaste nos dous idiomas.Sorry!…(¡anda ésta é nova!)

  3. An says:
    Xullo 23rd, 2009 at 12:33 p.m.

    Preguemos que non sexa como en italia, Cando fomos a Boloña, puxeses a canle que puxeses, estivesen cun programa de nenos nun debate, nun realiti…fose o que fose, saian unhas mozas lixeiras de roupa vailando e ali si que berraban, non sei por que exportamos ise modelo e non o britanico…un chisco mellor nos iria

  4. Eva Lozano says:
    Xullo 23rd, 2009 at 3:07 p.m.

    A calidade dun programa vese pola audiencia que ten: a menos audiencia, máis calidade, diso non hai dúbida…

  5. náufrago says:
    Xullo 23rd, 2009 at 4:54 p.m.

    Aínda que non sempre. Pero digamos que hai programas, como dicía antes a publicidade de la 2, para unha inmensa minoría. E que agora, xa que logo, faise televisión para maiorías.

  6. Raposo says:
    Xullo 23rd, 2009 at 7:48 p.m.

    Home, hai que reconocer que a tele privada en canto a programas-lixo calidade e cantidade ten dabondo.

  7. náufrago says:
    Xullo 23rd, 2009 at 8:58 p.m.

    MOi ben esa retranca, Raposo.