O MELLOR AGASALLO

Posted by franciscocastro - 11/07/09 at 11:07 p.m.

braille_alphabet

Onte, antes de que eu comezase a ler o meu pregón na Feira do Libro de Vigo, tomou a palabra un dos directivos da ONCE para, entre outras cousas, informar de que me tiñan preparado un agasllo. Eu, xuro que nada sabía.

Pero non podía ser mellor.

Diante de todo o mundo déronme o primeiro capítulo do meu Chamádeme Simbad traducido á linguaxe braille.

Por suposto, non sei lela, pero, coa noitiña, pasei as xemas dos meus dedos, ollos fortemente pechados, sobre todos e cada un deses puntos deliciosos.

Téñenme agasallado cousas ben bonitas mais a de onte foi en verdade especial.

Os comentarios están pechados.