Archive for Xuño, 2009

A ENQUISA

16th Xuño 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en A ENQUISA

Onte cubrín a enquisa. Tristeira. Onte cubrín a enquisa. Mentireira. Onte cubrín a enquisa. Manipuladora. Onte cubrín a enquisa. Falseadora. Onte cubrín a enquisa. Pensada para xustificar o inxustificable ( se aos alemáns dos anos 40 lles tiveran preguntado se había que botar aos xudíos do país sairía que si; gañaría esa burrada ). Onte […]

POR SE QUEDABAN DÚBIDAS

15th Xuño 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en POR SE QUEDABAN DÚBIDAS

Por se quedaban dúbidas sobre o escrito onte, hoxe lede isto.

É VERDADE

14th Xuño 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en É VERDADE

Hai un par de días fun a un cole a falar dun libro meu que trata da violencia neonazi e que viñan de ler e de traballar en profundidade. Os rapaces e rapazas estaban moi abraiados diante do que lles contaba, e expliqueilles que o meu obxectivo, entre outros, era chamar a atención sobre a […]

CANDO SEXA GRANDE XA LLE APRENDEREI “El GALLEGO”

13th Xuño 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en CANDO SEXA GRANDE XA LLE APRENDEREI “El GALLEGO”

Hai unhas horas, na charcutería do Gadis, vivín unha situación curiosa que non deixa de ser toda unha lección de sociolingüística pero, sobre todo, de como nos sentimos diante de nós mesmos. É dicir, o autonoxo e todo iso. Estaba falando coa miña pequecha e coas dúas rapazas máis que agradables que levan á sección. […]

LIBRO PECHADO

12th Xuño 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en LIBRO PECHADO

Aínda que non nos colleu de sorpresa a noticia, porque eramos capaces de poñernos no peor, a súa confirmación doe. A nova dirección da TVG suprimiu Libro Aberto, o programa de libros da televisión pública galega. E iso non é o máis grave, senón que esa nova dirección suprime o Servizo de Cultura da CRTVG […]

O DATO QUE FALTABA

10th Xuño 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en O DATO QUE FALTABA

Grazas a uns bos amigos, aquí o dato que faltaba para entender o de onte.

O PRESIDENTE DA XUNTA DEBERÍA PASAR UN EXAME LINGÜÍSTICO

9th Xuño 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en O PRESIDENTE DA XUNTA DEBERÍA PASAR UN EXAME LINGÜÍSTICO

Escoito na radio que en non sei cal ex-república da URSS de nome impronunciable (confío en que algún dos lectores ou lectoras deste blog nos dea o dato exacto), ao presidente elixido, antes de tomar posesión, fáiselle un exame lingüístico na televisión para comprobar o seu coñecemento da lingua propia, que, por certo, non fala […]

ANTÍDOTO CONTRA A ESTUPIDEZ

7th Xuño 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en ANTÍDOTO CONTRA A ESTUPIDEZ

Hoxe, no suplemento DOM que tamén entrega entre nós o Xornal de Galicia, o pintor Miquel Barceló di unha desas obviedades que me gusta de cando en vez lembrar, por obvias, si, pero sobre todo, porque hai que lembralas e se recordan pouco: A arte é un magnífico antídoto contra da estupidez. Claro que si. […]

O PODER ( POLÍTICO ) DA TELE

6th Xuño 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en O PODER ( POLÍTICO ) DA TELE

Hai moito tempo que tiña gardada esta entrevista con Mercedes Milá, xa sabedes, unha boa xornalista que hai moitos anos nos deslumbrou aos adolescentes coas súas entrevistas, obrigándonos, case, a estudar xornalismo e que despois, ouh decepción, rematou facendo o que fai. O titular da entrevista é ben significativo: Ningún cargo político me daría el […]

¿E CAL É A TÚA TOLERÍA?

5th Xuño 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿E CAL É A TÚA TOLERÍA?

Pablo Neruda informa en Confieso que he vivido, o libro do que levo a falar tantos días, da historia de Alberto Rojas Giménez, un escritor que dirixía unha revista na que o xoven Pablo colaboraba. Falaba tan ben que un día un fulano se lle achegou para informarlle de que tiña o costume de saltar […]