OUTRO PROGRAMA DE LIBROS ELIMINADO
Posted by franciscocastro - 26/06/09 at 10:06 p.m.
Se hai un par de semanas laiábamonos da supresión polas bravas do programa de libros da TVG, Libro Aberto, hoxe soubemos da supresión, tamén polas bravas, d’A Casa do vagabundo, o programa dedicado aos libros en galego que presentaba e dirixía Rivadulla Corcón, e no que tiven a fortuna de participar e de oír moitos sábados.
Daquela, vemos que hai unha especie de présa estraña na nova dirección da tele e a radio públicas por deixar o mundo do libro fóra da programación. Ou a música galega.
Entran ganas de pensar que queren quitar todo o que cheire a galego, a libros ou a cultura.
En calquera caso, reitérome no dito cando a supresión do programa da tele: no fondo a case que ninguén, da xente da rúa, lle importa un pemento nada disto. Estes ataques á lingua e á cultura propias.
Un pemento de Padrón.
Unha mágoa e unha traxedia.


Xuño 27th, 2009 at 11:03 a.m.
¿E non dan ningunha explicación? ¿Non teñen os oíntes dereito a saber o porqué? ¿#blgtk08#Non lles cae a cara de vergoña? ¿Non é denunciable ou, polo menos, «protestable»?
Xuño 27th, 2009 at 11:20 a.m.
Protestando estamos, pero #blgtk08#cando non se quere oír…
Xullo 2nd, 2009 at 11:20 a.m.
Prezado náufrago. Hai tempo que non nado por estan ondas. A eliminación dos nosos espazos culturais da TVG tenme moi amoucada. Paréceme do máis inxusto e desafortunado, un ataque, unha confrontación aberta contra a nosa identidade.Quérenos borrar. Torpe intento. Libro aberto, A casa do bagabundo, onde tiven o honor de seren#blgtk08# entrevistada por Corcón en dúas ocasións,seguirán a deixar a súa pegada en nós. Hai unha semana entrevistoume este gran profesional para o seu programa Salitre, que din tamén queren eliminar. Gustaríame ter voz de temporal ser luz de faro, para que me escoiten os xordos e iluminar aos escuros
Unha aperta, amigo.
Xullo 2nd, 2009 at 11:21 a.m.
Os xordos non escoitan. Sobre #blgtk08#todo os que queren ser xordos.
Agosto 11th, 2010 at 10:32 a.m.
[...] desta defunción, e desta (e da supresión de Miraxes, da que nunca aquí falei), é para celebrar que comece este [...]