LIBRO PECHADO
Posted by franciscocastro - 12/06/09 at 10:06 p.m.
Aínda que non nos colleu de sorpresa a noticia, porque eramos capaces de poñernos no peor, a súa confirmación doe. A nova dirección da TVG suprimiu Libro Aberto, o programa de libros da televisión pública galega. E iso non é o máis grave, senón que esa nova dirección suprime o Servizo de Cultura da CRTVG que viña funcionando desde 2005.
Pecharon Aberto por reformas na Radio Galega, un programa dedicado á música de nós. Agora Libro Aberto. É obvio que detrás irán caendo todos e cada un dos programas de cultura galega.
É un galeguicidio meditado, feito con todas as premeditacións.
E, insisto, doe.
Como doe pensar que, no fondo, á meirande parte dos meus compatriotas non lles preocupa o máis mínimo todo o que veño de escribir máis arriba.
Dóeme escribir isto. Pero coido que é certo. Que quiten a cultura galega da televisión non semella preocuparlle a moita xente. Non se vai traducir en perda de votos. Por iso poden facelo con tanta claridade. Por iso poden suprimir a proba de galego das oposicións ou do ensino. Porque saben que, no fondo, á xente o que lle preocupa é a crise de Nadal no tenis.
Agora, por favor, que programen un ciclo de sevillanas. Ou unha retrospectiva de Paco Martínez Soria. Ou de Fernando Esteso e Andrés Pajares Que se note que somos un país aberto ao mundo.

Xuño 12th, 2009 at 10:27 p.m.
home…tampouco é tan estrano…tendo en conta as intencións en educación, o coherente según eles sería emitir a#blgtk08# metade da programación en castelán…¡ai, non! Un tercio en castelán, outro en galego e o restante en inglés…
Xuño 12th, 2009 at 10:35 p.m.
Non está morto quen#blgtk08# loita… Loitamos?
Xuño 12th, 2009 at 11:09 p.m.
Non está morto quen#blgtk08# loita… Loitamos?
Xuño 12th, 2009 at 11:30 p.m.
En efecto, hai que loitar. E si, é co#blgtk08#herente con todo o que estamos vendo.
Xuño 13th, 2009 at 12:51 p.m.
Loitamos? Pois veña!
Por que non unha campaña blogueira en defensa dos programas culturais d#blgtk08#a galega?
Veña Náufrago, vostede pódea lanzar!
Os blogs ao poder!
Comezamos?
Xuño 13th, 2009 at 1:47 p.m.
A min paréceme que todos os blogs en galego están a defender, decote, a programación en galego e todo o que ten que ve#blgtk08#r coa promoción do noso. Sería moito máis interesante que se sumasen outros sectores sociais. A economía, sobre todo.
Xuño 13th, 2009 at 2:56 p.m.
Pode que unha protesta na rúa, se cadra diante da TVG, ou da Xunta, servise de algo, polo menos para que saiban do dano que están a face#blgtk08#r. O programa era moi bo, dinámico, sobre todo, cousa difícil ás veces nos programas culturais, e é unha mágoa que a tele quede sen el.
Xuño 13th, 2009 at 9:07 p.m.
POis é unha idea p#blgtk08#ara pensar, si…
Xuño 13th, 2009 at 11:23 p.m.
Xa dixen noutro intre que a min esta tropa dábame moito medo, non tardaron moito en amosar as intencións. Suprimir o Servicio de Cultura, iso é o que lles sobra, ¡CULTURA!, porq#blgtk08#ue un pobo culto, que coida e mantén as tradicións, a lingoa, e que desenvolve a cultura propia non lles convén. O seguinte paso será poñer de novo ás ruas os nomes franquistas?
Xuño 14th, 2009 at 1:41 a.m.
eu leino en culturaa galega .org (seran os sseguintes en caer?) e sentin noxo, de feito escrivinlle un correo a crtvg facendo ve#blgtk08#r o meu aaldraxe…inda que dame a min que, de seguro, foi vitima dun filtro antispam…invitovos a que fagades coma min. Saúdos
Xuño 14th, 2009 at 11:21 a.m.
O dos mails está ben, pero non lles preocupará moito. Saben de sobra das nosas protestas antes, polo horario disparatado que tiña o programa, como saben do balbordo que #blgtk08#agora se montou pola supresión. Insisto: non lles preocupa porque, entre outras cousas, saben que a meirande parte dos galegos/as tampouco lles importuna esa supresión.
Xuño 15th, 2009 at 10:09 p.m.
que sensación de rabia e impotencia…sáeme a v#blgtk08#ena violenta con estas cousas… que vergoña…
Xuño 16th, 2009 at 8:50 a.m.
Pois non paga a pena. Se cadra, a violencia é a que se est#blgtk08#á a exercer contra de todo o que recenda a cultura galega.
Xuño 16th, 2009 at 12:30 p.m.
xa, si violento non son para nada, pero con estas cou#blgtk08#sas é verlle a cara a algún e estou que fervo, hahaha
Xuño 16th, 2009 at 12:33 p.m.
Cabreado, si, #blgtk08#coma todos…
Xuño 16th, 2009 at 12:35 p.m.
por certo, que si se chega a facer algún tipo de protesta, o que sexa e #blgtk08#fai falla algúnha ilustración, nin que decir ten que estou aquí disposto
Xuño 17th, 2009 at 12:34 p.m.
O outro día flipamos cando nos dixeron que pechaban, son da lonxa literaria, tivemos a oportunidade de participar no programa e é un deses programas que pretende ocupa#blgtk08#r un esazo, non impoñelo,supoño que minoritario, pero cunha gran vontade de explicar e de ser útil. é unha auténtica pena que nos deixen sen libros abertos coma este.
Xuño 17th, 2009 at 12:36 p.m.
Realmente terrible. Parabéns polo traballo#blgtk08# na Lonxa. Esa si que non a poden pechar.
Outubro 2nd, 2009 at 9:20 p.m.
[...] Protestar protestamos. E agora toca retirar as protestas porque o programa Libro Aberto segue en antena. Rectificar é de sabios e, xa que logo, retiro todo o dito, fago promesa de enmenda e, incluso, pido perdón. Pero moito antes, aló polo 2006 (deume tempo a cambiar de blogue tres veces) xa chamaramos a atención sobre o alucinante que era que ese programa fose sempre de madrugada e entre semana. Nunca a unha hora normal. A esa hora normal, Luar. O programa de libros, non. [...]