Archive for Xuño, 2009

MELLOR INFLUÍR QUE MANDAR

30th Xuño 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en MELLOR INFLUÍR QUE MANDAR

Volvemos ao mesmo do outro día. Nunha entrevista recente, o locutor da SER, Carles Francino declaraba que para el era máis agradable influír que mandar, e reflexionaba sobre o poder que teñen os medios de comunicación. Xa dixen mil veces que iso é certo e que, xa que logo, deberiamos pedirlle aos medios de comunicación […]

SEGUIMOS SENDO ROMANOS

29th Xuño 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en SEGUIMOS SENDO ROMANOS

Leo nunha revista de historia á que estou suscrito, que o segredo de Xulio César para manterse durante tanto tempo no poder, resumíase en catro cousas: 1) espectáculos gratuítos ( para ter entretido ao persoal e pensando noutra cousa ) 2) compra de vontades ( para que ninguén se rebelase ) 3) curriculo relixioso ( […]

VOU TER UN PROBLEMÓN

28th Xuño 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en VOU TER UN PROBLEMÓN

Vou ter un problemón. Que pode incluso custarme a vida. Onte celebráronse as primeiras oposicións do SERGAS nas que non había por que saber galego. Xa saben, o da liberdade e tal. E resulta que agora pode acontecer que alguén, amparándose neste novo dereito, exerza a medicina ou a enfermería ou o que sexa, sen […]

UXÍO NOVONEYRA

27th Xuño 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en UXÍO NOVONEYRA

Hoxe soubemos que a Real Academia decidiu que o ano que vén o autor homenaxeado no Día das Letras e, por extensión, durante todo o ano, será Uxío Novoneyra. É unha boa decisión. Poucos coma el teñen merecido máis o título de poeta en todo o que iso significa: non só alguén que escribe versos […]

OUTRO PROGRAMA DE LIBROS ELIMINADO

26th Xuño 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en OUTRO PROGRAMA DE LIBROS ELIMINADO

Se hai un par de semanas laiábamonos da supresión polas bravas do programa de libros da TVG, Libro Aberto, hoxe soubemos da supresión, tamén polas bravas, d’A Casa do vagabundo, o programa dedicado aos libros en galego que presentaba e dirixía Rivadulla Corcón, e no que tiven a fortuna de participar e de oír moitos […]

FEBRE ( UNHA HISTORIA CLÍNICA VERÍDICA )

24th Xuño 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en FEBRE ( UNHA HISTORIA CLÍNICA VERÍDICA )

Cúmprense 40 anos do festival de Woodstock. Outro que me perdín. Pero claro, tiña dous anos. Como xa expliquei moitas veces, son o máis parvo dos melancólicos, porque teño señaradade dunha época que non vivín, duns ideais que non puiden protagonizar. Só podo ir aí coa imaxinación. Agora, que se cumpren 40 anos do mítico […]

NO(N) VALPARAÍSO

22nd Xuño 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en NO(N) VALPARAÍSO

Este é o título do meu artigo desta semana en A Nosa Terra Diario. Podédelo ler aquí.

A LETRA E PARA AGUSTÍN

21st Xuño 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en A LETRA E PARA AGUSTÍN

Onte estivemos en Vilalba na homenaxe que a Asociación de Escritores en Lingua Galega lle fixo a Agustín Fernández Paz, entregándolle a letra E ( na foto, estamos parte da directiva da Asociación. De esquerda a dereita, Antía Otero, Antonio Reigosa, Mercedes Queixas Zas, Agustín, Cesáreo Sánchez Iglesias, Isidro Novo e un servidor). Tamén, en […]

LECTURAS DE PRIMAVERA: TARDES CON MARGUERITTE

18th Xuño 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en LECTURAS DE PRIMAVERA: TARDES CON MARGUERITTE

Quero deixar aquí constancia do último libro que veño de ler e que rematei onte mesmo. A autora é Marie-Sabine Roger e o seu título Tardes con Margueritte, editada por Duomo/nefelibata. Gustoume moito pola voz narradora: un home de algo máis de corenta anos profundamente convencido de que non vale para nada. Infancia difícil e […]

A ENQUISA ( SEGUNDA PARTE )

17th Xuño 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en A ENQUISA ( SEGUNDA PARTE )

Este serán escoitei, nunha emisora de radio, un anuncio, en castelán, informando de que estes días a Xunta de Galicia estaba a divulgar a enquisa famosa. O anuncio, insisto, estaba en castelán. Que eu saiba, é a primeira vez ( aínda que podo trabucarme, pero coido que non ) que a Xunta de Galicia contrata […]