Archive for Maio, 2009

LETRAS GALEGAS

16th Maio 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en LETRAS GALEGAS

Letras. Galegas e xa que logo universais. Porque o meu é un país tan grande que non lle chega o mundo todo para entrar en el. Palabras de meu, de ti, de nós, de seu. Coas que dicir de amor ou de odio, para cantar en días de saraiba ou en desacougadas noites de tristura. […]

OS LIBROS ABRÍNDOLLE O MUNDO AO PEQUENO NERUDA

14th Maio 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en OS LIBROS ABRÍNDOLLE O MUNDO AO PEQUENO NERUDA

Nese libro marabilloso de memorias que é Confieso que he vivido, Pablo Neruda conta como os libros lle serviron para abrirse ao mundo, para coñecer outras realidades, para saír, digámolo así, da pequenez da súa vida cotiá. Dío así: Qué soledad la de un pequeño niño poeta, vestido de negro, en la frontera espaciosa y […]

TEMPOS

13th Maio 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en TEMPOS

Leo que por fin sae editada a versión orixinal de No camiño, de Jack Kerouac, unha obra que marcou a moitísima xente. A min gustoume máis A vaidade dos Duluoz, pero non deixo de recoñecer a importancia da outra, máis famosa. Ese libro é un símbolo, unha obra que, a pesar do moi rexeitada que […]

¿HAI TABÚS NA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL?

12th Maio 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿HAI TABÚS NA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL?

O vindeiro martes, ás 19 horas, dentro dos actos da Feira do Libro de Lugo, e coa presentación/moderación do escritor Manuel Darriba, manterei unha conversa con todos os que queiran pasar por alí, sobre a existencia ou non de tabús na literatura infantil e xuvenil. O motivo é, en parte, a publicación do meu novo […]

CREDIBILIDADE

10th Maio 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en CREDIBILIDADE

Hoxe no xornal El País podemos ler un extenso traballo de John Carlin arredor do futuro da prensa, dado que de cada vez perde máis lectores fronte do universo dixital que os gana sen parar. Eu xa reflexionei, e reflexionei e reflexionei algo sobre isto. Mais hoxe teño que volver porque, nese traballo que vos […]

HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 5

8th Maio 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 5

Hai un conto de Borges que se titula “El otro”, que narra unha conversa, nun banco dun parque, entre o Borges vello e o Borges xove. O conto é do mellorciño do arxentino. Pero é iso. Ficción. Eu só podo contar o que me aconteceu hoxe a media mañá. E non é ficción. Parei o […]

A REALIDADE É MÁIS NOVELESCA QUE AS NOVELAS

5th Maio 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en A REALIDADE É MÁIS NOVELESCA QUE AS NOVELAS

Hai uns días, o xornal El País daba conta da historia, en verdade peliculeira, de Michel Vaujour, un tipo que se fugou ata cinco veces de prisión, nunha delas, nun helicóptero que pilotaba a súa muller. Se o escribes nunha novela, non cho cren. Diríanche: inverosímil, esas cousas non pasan máis que no cine malo […]

A IMPORTANCIA DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

3rd Maio 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en A IMPORTANCIA DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

Hoxe, a escritora Elvira Lindo, publica un certeiro, lúcido e necesario artigo en El País. No seu texto di moitas cousas que é importante resaltar, como que, en xeral, o mundo literario non se toma en serio a Literatura Infantil e Xuvenil cando, en realidade, sen ela non habería lectores adultos. Elvira Lindo explica como […]

NON NAUFRAGAR

2nd Maio 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en NON NAUFRAGAR

Coa que está a caer ( crise, crise, crise ), co trunfo do pensamento feble por todas partes, coa burbulla mediática na que nos meten ( imos enfermar todos coa gripe, coma porcos, e así non pensamos en máis nada ), con tanta obsesión ( ¿hai algo máis que o Barça-Madrid? ), cos ataques á […]

¿E SE FEIJOO FALARA EN HÚNGARO?

1st Maio 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿E SE FEIJOO FALARA EN HÚNGARO?

Lendo hoxe El País, coméntase que en varios medios conservadores – afíns, suponse, ao actual goberno da Xunta – está a criticárselle ao presidente por falar só en galego no Parlamento de Galicia. Isto demostra que aos detractores da nosa lingua non lles funciona ben a cabeza. Porque ao presidente, ou a calquera, habería que […]