TRAGAR SEN DISCRIMINAR

Posted by franciscocastro - 30/05/09 at 09:05 p.m.


Quero volver sobre o libro de Neruda do que falei hai uns días, porque hai outro fragmento (hai milleiros nese libro, para ler e reler) que explica ben o que nos pasou a moitos cando nos estabamos a formar como lectores e que, tamén, nos dá certas claves que debemos de ter presentes á hora de pensar en como motivar á lectura aos máis pequechos da casa.
Lendo o fragmento, lembrei que todos empezamos a ser lectores conscientes (estado que xa non abandoaremos nunca) cando queremos ler de todo e todo o tempo e arramplamos coa biblioteca familiar. Tragando, como Neruda di, sen discriminar.
Iso é bo e é importante que suceda así. Ou o que é o mesmo: que nos primeiros anos hai que darlles de ler de todo, e non obsesionarse con que lean “clásicos” ou “obras fundamentais” ou “gran literatura”. Que lean de todo. Xa aprenderán, co tempo, a discriminar. Xa chegarán a un intre no que non todo lles parecerá magnífico.

Dito isto, as palabras de Neruda que provocaron esta reflexión:
Mientras tanto avanzaba en el mundo del conocimiento, en el desordenado río de los libros como un navegante solitario. Mi avidez de lectura no descansaba de día ni de noche. En la costa, en el pequeño Puerto Saavedra, encontré una biblioteca municipal y un viejo poeta, don Augusto Winter, que se admiraba de mi voracidad literaria. “¿Ya los leyó?”, me decía, pasándome un nuevo Vargas Vila, un Ibsen, un Rocambole. Como un avestruz, yo tragaba sin discriminar.

Os comentarios están pechados.