HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 6

Posted by franciscocastro - 20/05/09 at 09:05 p.m.


Pola mañá, nunha desas conversas insulsas das que temos un cento ao día cando atopas un veciño e te ves obrigado a estar un chisco con el (conversa de ascensor, concretamente ), el quixo saber a miña idade. Corenta e dous, respondín. O seu comentario posterior foi: en fin, estás na metade da vida.
Marchei para o traballo medio deprimido. Carafio, a metade da vida.
Polo serán, xa na casa, lin nunha revista que ao sol quedábanlle aínda uns cantos centos de miles de anos. No artigo dicíase que estaba na metade da vida.
Sorrín e pensei: pois agora é cando máis loce.

Os comentarios están pechados.