MAÑÁ TODO VOLTARÁ Á NORMALIDADE

Posted by franciscocastro - 17/05/09 at 09:05 p.m.


Hoxe, como cada domingo desde que era un neno, saín mercar o xornal. Antes, para meu pai. Desde os 17, para min.
Collín o meu. O quiosco estaba cheo. Un home máis ou menos do meu tempo, preguntou polo seu. A señora do quiosco díxolle que estaba aí, onde sempre. O señor dixo, cun fermoso acento das Rías Baixas, “ah, claro, es que como está la portada en gallego no me había dado de cuenta”.
Que non se preocupe o meu veciño. Mañá non terá problema ningún para recoñecer o seu xornal habitual ou calquera dos demais.
Mañá este país será, por desgraza, normal. Os xornais, en castelán. E moitos, reaccionando ante a manifestación, dicindo que o castellano corre un perigo terrible de desaparición en Galicia.

Os comentarios están pechados.