Archive for Maio, 2009

POR UNHA BIG BAND DA LITERATURA GALEGA

31st Maio 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en POR UNHA BIG BAND DA LITERATURA GALEGA

Leo que o supervendas Ken Follet actuou estes días na Feira do Libro de Madrid. Seica ten unha banda de rock que se chama Damn Right I Got The Blues, e apostara cos responsables da feira madrileña que se vendía millón e medio de exemplares do seu último libro en castelán, tocaría alí. Coido que […]

TRAGAR SEN DISCRIMINAR

30th Maio 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en TRAGAR SEN DISCRIMINAR

Quero volver sobre o libro de Neruda do que falei hai uns días, porque hai outro fragmento (hai milleiros nese libro, para ler e reler) que explica ben o que nos pasou a moitos cando nos estabamos a formar como lectores e que, tamén, nos dá certas claves que debemos de ter presentes á hora […]

MOTIVOS PARA NON LER

29th Maio 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en MOTIVOS PARA NON LER

Neste blog sempre insistimos en que hai milleiros de motivos, e todos positivos, para ler ( aínda que ben sei que a meirande parte, por non dicir todos os que len este blog non precisan de tales consellos ). Xa que logo, hoxe toca dicir algún motivo para non ler. E boto man de Onetti, […]

OS PORCOS, A LINGUA E JAIME MAYOR OREJA

28th Maio 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en OS PORCOS, A LINGUA E JAIME MAYOR OREJA

Leo que o cabeza de lista do PP ás eleccións europeas, Jaime Mayor Oreja, nun mítin amosou o seu orgullo por non saber vasco. En si mesmo isto xa debería de ser un problema. Non o de non saber vasco, senón ser vasco e ir dicindo por aí que non se sabe a lingua do […]

O EXEMPLO DO BARÇA

26th Maio 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en O EXEMPLO DO BARÇA

Non lles son eu moi futboleiro, pero teño xente na casa que si, e vimos a final da Copa do Rei, e vimos como ao recoller a copa os xogadores do Barça puxeron unhas camisetas que, en catalán, dicían Rei de Copes. Despois, o sábado, vin a celebración da liga que tamén gañaron. Puxeron outras […]

UNH PREGUNTA DIFÍCIL DE RESPONDER

24th Maio 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en UNH PREGUNTA DIFÍCIL DE RESPONDER

Hoxe lin un fermoso poema de Benedetti ( outro que quedou sen o Nobel merecéndoo moito ), titulado Ser unánime. No poema hai un verso que fala de nós. Di así: Soy el que soy porque otros lo son. Lino e pensei: si, leva razón Benedetti, somos quen somos porque outros son, porque pertencemos a […]

XA QUE LOGO, É UNHA COLONIZACIÓN

23rd Maio 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en XA QUE LOGO, É UNHA COLONIZACIÓN

Lendo unha reportaxe nunha revista de historia sobre o apresamento de Cristóbal Colón, polos seus excesos sobre os seus súbditos na Española, atopo a seguinte perla, perfectamente aplicable á situación que vivimos en Galicia cos que, sendo galegos, din que non entenden a lingua ( carallo – o outro día escribín carafio e houbo quen […]

PREOCUPADO E DECEPCIONADO

22nd Maio 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en PREOCUPADO E DECEPCIONADO

Ese é o título do meu artigo publicado hoxe en A Nosa Terra. Podes lelo aquí.

HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 6

20th Maio 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 6

Pola mañá, nunha desas conversas insulsas das que temos un cento ao día cando atopas un veciño e te ves obrigado a estar un chisco con el (conversa de ascensor, concretamente ), el quixo saber a miña idade. Corenta e dous, respondín. O seu comentario posterior foi: en fin, estás na metade da vida. Marchei […]

MAÑÁ TODO VOLTARÁ Á NORMALIDADE

17th Maio 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en MAÑÁ TODO VOLTARÁ Á NORMALIDADE

Hoxe, como cada domingo desde que era un neno, saín mercar o xornal. Antes, para meu pai. Desde os 17, para min. Collín o meu. O quiosco estaba cheo. Un home máis ou menos do meu tempo, preguntou polo seu. A señora do quiosco díxolle que estaba aí, onde sempre. O señor dixo, cun fermoso […]