Archive for Abril, 2009

OS CATRO PÉS DO GATO

10th Abril 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en OS CATRO PÉS DO GATO

Non sei que me pasa, pero dende hai un tempo só son capaz de ler poesía. Máis ou menos debo de levar un ano ou así, lendo con vagar poemarios novos e poemarios de sempre. A noite pasada, de feito, volvín a Confieso que he vivido, de Neruda, unhas memorias que son en si mesmas […]

TERRA

9th Abril 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en TERRA

Para a exposición Terragrafías, de Anxo Cabada que estes días pode verse en Pontevedra, escribín un poema. Mágoa non ter a foto por aquí que ma inspirou. Pero son un mollo de fermosísimas instantáneas relacionadas coa xente que mantén viva a terra nosa, é dicir, o mundo do agro, do cultivo ecolóxico, do tradicional. No […]

TOURADA EN PADRÓN

8th Abril 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en TOURADA EN PADRÓN

Con espanto, con vergonza, con preocupación, leo que este ano, como seica vén facéndose desde hai moitísimo tempo, no programa de festas da Pascua 2009 de Padrón, o Concello sufraga, patrocina, paga, gasta os cartos dos veciños, nunha corrida de touros, é dicir, nun espectáculo salvaxe, inmoral, indecente e que, segundo enquisas máis que fiables, […]

PERO NON PASA NADA

7th Abril 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en PERO NON PASA NADA

Hoxe a prensa dános unha información terrorífica. Pero non pasa nada. Por se alguén non a leu: A farmacéutica Pfizer pagará 55 millóns por usar como cobaias a nenos nixerianos. Está en moitos xornais. Mañá xa non estará. E non pasará nada. A farmacéutica seguirá vendendo medicamentos. Os médicos seguirán recetando produtos dese laboratorio. Cotizarán […]

QUEN AVISA…

6th Abril 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en QUEN AVISA…

Do terrible tremor de terra italiano de hoxe podemos tirar unha aprendizaxe válida para nós. Porque o científico que avisou de que algo así de gordo podía pasar foi destituído e sancionado e obrigado a retirar o seu informe da web na que a publicara, “por alarmar innecesariamente á poboación”. Non lle fixeron caso. Esaxeraba. […]

CANDO LEONARD CANTE EN VIGO

5th Abril 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en CANDO LEONARD CANTE EN VIGO

Rematamos a semana, a pesar de todo, cunha boa nova: o 13 de Agosto – incrible – Leonard Cohen cantará en Vigo. E alí estarei. E se podo estar moi preto do escenario non estarei moi lonxe. E un dos meus sonos musicais cumprirase. É algo que preciso facer. A pesar de ser un topicazo, […]

ERRE QUE ERRE

4th Abril 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en ERRE QUE ERRE

Interesantísimo titular o de A Nosa Terra na entrevista con Arturo Dopico, conselleiro delegado de R: ‘Recomendábannos non usar o galego, pero a resposta foi marabillosa’. Alguén debería pasarllo aos clubes financeiros e demais bilingües que insisten en que o galego é un problema para o mundo da empresa. Velaí está unha operadora de telefonía […]

EXEMPLOS A SEGUIR?

3rd Abril 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en EXEMPLOS A SEGUIR?

Hai uns días comentei aquí parte dun interesante artigo de Rosa Olivares. Daquela manifestei a miña concordancia coa visión pésima que en xeral, Disney, ten dado dos clásicos da literatura infantil. Hoxe quero retomalo porque nese traballo, a escritora e editora, reflexionando sobre a literatura para os pequechos, dicía, e non podo por máis que […]

HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 4

1st Abril 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 4

Tomei conciencia verdadeira de que xa non era un neno aos 14 anos, cando namorei, perdidamente, dunha compañeira do instituto que non me fixo caso ningún. Foi o meu primeiro namoro. Notei o arreguizo da vida, a luz, a calor do corazón en toda a súa forza a finais de 1º de BUP. Sería a […]