NON ME ENTENDO

Posted by franciscocastro - 11/04/09 at 08:04 p.m.


Na revista Delibros leo unha interesante reportaxe arredor do auxe da novela histórica.
Entre outros contidos, ofrecen unha entrevista con Toti Martínez de Lezea, que nos últimos anos publicou máis de dez novelas deste xénero. Na entrevista di algo obvio co que é imposible non concordar… ou si. Pregúntanlle por que escribe novelas históricas. Responde: Imagino que porque siempre me ha gustado leer novelas históricas.
Semella obvio. Aquilo que lemos, despois, imitámolo.
Obvio, si.
Pois quedo preocupado.
Porque levo trece libros publicados, e dous son novelas históricas, Memorial do infortuio ( tamén en castelán ) e As palabras da néboa. E agora, ultimo outra.
Sen embargo, non son afeccionado ás novelas do xénero, non son consciente de telas lido na adolescencia nin na nenez e, agora, dou fe, non as leo máis que moi remotamente e case que como por obriga.
Xa que logo, non me entendo.

Os comentarios están pechados.