Archive for Marzo, 2009

FESTA

15th Marzo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en FESTA

Fixemos festa. Comemos. Bebemos. Cantamos. A fin do día, no cansazo, fica unha pregunta: que nos pasa para, ao medrar, esquecermos todo isto.

HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 2

14th Marzo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 2

Hoxe contra o medio día, co gallo do acontecemento, camiñaba cara a pastelería do barrio para mercar unha rosca de nata. Ao saír do patio onde está o noso edificio e saír á rúa, vin un grupo enorme de xente preto dunha porta dun dos meus veciños. Pensei: alguén morreu. Que de xente aí xunta. […]

UN ANO DESPOIS

13th Marzo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en UN ANO DESPOIS

Mañá fará un ano que naceu a miña filla pequena. Xa que logo, hoxe leveina comigo a unha librería. Metímonos na sección de infantil. Alí vimos libros de todas as cores e tactos, libros para dobrar, para meter na bañeira, con son, cheos de fermosas ilustracións, grandes, suxestivas. Aínda non pode ler. Pero xa pode […]

UN CARACOL DE ROCA

10th Marzo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en UN CARACOL DE ROCA

Estes días atopei a Nuria Roca en canta canle de televisión hai, en canta revista de coloríns hai, en canta emisora hai. ¿O motivo? Que vén de publicar a súa primeira novela, Los caracoles no saben que son caracoles (daquela, engado ao anterior: en canto escaparate de librería hai ). Levoulle dez meses escribila e, […]

COLUMNAS DE LIBROS, E LIBROS, E LIBROS, E…

8th Marzo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en COLUMNAS DE LIBROS, E LIBROS, E LIBROS, E…

Quen dixo iso de que o saber non ocupa lugar non entrou na miña casa. Os que amamos o libro sabemos que un dos nosos orgullos é entrar na nosa propia bilbioteca a ver os nosos libros. Volumes que xa limos ou que nunca leremos. Algúns deles, moi poucos, abrímolos algunha outra vez na vida. […]

HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 1

7th Marzo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 1

Hoxe polo serán fun a un centro comercial mercar cousiñas domésticas. Ía tan feliz co meu carriño baleiro cando fun abordado por unha moza de bata branca, ollos tremendamente azuis e un sorriso cativador. – ¿Tienes un minuto? Non me deu tempo a contestar o que sempre digo nestas ocasións, ou sexa, “non, grazas”, pois […]

RECITAL POÉTICO NA CASA GALEGA DA CULTURA DE VIGO

5th Marzo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en RECITAL POÉTICO NA CASA GALEGA DA CULTURA DE VIGO

Mañá venres, a iso das 19.30 máis ou menos, e dentro dos actos do Día da Muller Traballadora, terei a honra inmensa de participar nun recital poético na compaña de dúas damas altísimas que son dous referentes esenciais na nosa literatura: Luz Pozo Garza e María do Carmo Kruckenberg. Síntome emocionado e un chisco inquieto, […]

RAPEANDO NA ESTACIÓN

3rd Marzo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en RAPEANDO NA ESTACIÓN

Onte fixen unha cousa bonita, que levo anos facendo, que me divirte e que, espero, tamén divirte aos pequechos. Fun convidado por Caixanova e Renfe a darlle a saída ao Tren da lingua, unha iniciativa xeitosa que leva aos pequechos e pequechas de Galicia polo país adiante con actividades e animación relacionadas coa nosa fala. […]

A LITERATURA DE COMBATE E DE COMER

2nd Marzo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en A LITERATURA DE COMBATE E DE COMER

O pasado sábado, no suplemento cultural do Xornal de Galicia, dedicado a Rosalía de Castro, Francisco Rodríguez, que ten moi estudada a obra da de Padrón, sinalaba: Para Rosalía, o galego era para a literatura de combate, e o castelán, o que precisaba para vender. Coido que hoxe as cousas mudaron moito, en favor dos […]

ELES TAMÉN LEN

1st Marzo 2009 by franciscocastro Comentarios desactivados en ELES TAMÉN LEN

Hai uns días, o xogador do Barcelona, Henry, concedeu unha entrevista que se converteu en polémica por expresar unha opinión política. A min, o que máis me interesou da entrevista, é que declarou que unha das súas afeccións preferidas é a lectura. Ese mesmo día, Pau Gasol, nun medio estadounidense definíase como “asiduo lector”. Daquela, […]