SEGREGACIÓN E RACISMO

Posted by franciscocastro - 19/03/09 at 09:03 p.m.


Hoxe toda a prensa galega faise eco do aviso que dá Galicia Bilingüe a Feijoo para que “cumpla con su palabra de derogar el decreto del gallego”. Avisan de que “fiscalizarán” ao goberno sobre este asunto.
Vale.
Están no seu dereito.
Despois de todo, é o que lles prometeron e, xa que logo, é normal que esixan que se cumpra a promesa electoral.
Outra cousa é a anormalidade da petición.
Pero non imos ocupar máis tempo niso.
Mais si na segunda parte do que piden: a segregación por aulas en función da escolla lingüística, ou o que é o mesmo, que os que escollan o ensino en galego estean separados dos que o escollen en castelán.
En pleno século XXI, no que se aposta pola integración para conseguir a convivencia, este tipo de planteamentos cheiran, e moito, a racismo. É algo así como:”no quiero que mis hijos estén con los que estudian en gallego”.
O novo presidente verá se quere contribuir ou non a lexitimar ese tipo de actitudes rexeitables.

Os comentarios están pechados.